Skip to Content

Recomendacións de verán

Estimadas familias:

Chegou o momento do descanso, de felicitar e valorar o esforzo d@s nos@s nen@s e de desfrutar do verán.

Pero como “augafestas profesionais” está no noso deber mandar unha serie de consellos e recomendacións para manter un bo ritmo de traballo cara o vindeiro curso, seguir entrenando o cerebro e nalgún caso repasar contidos que van algo frouxos.

Aquí van as nosas recomendacións para os nenos e nenas:

Le, en voz alta e silenciosamente todos os dias un pouco (libros cómics, revistas, etc.)

  • Segue entrenando nas libretas (especiamnte na cuadriculada), con copias curtas ou ditados.
  • Practica a escritura creativa (inventa historias, escribe un diario, crea relatos locos, inventa chistes, etc).
  • Se precisas fichas de reforzo podes imprimir e traballar no caderno de verán que deixamos aquí en adxuntos.
  • Podes xogar a xogos educativos online como os que aparecen na páxina www.cristic.com, por exemplo, supervisado por un adulto.
  • Podes pedir que che descarguen nunha tablet aplicacións de repaso coma estas : (algunhas conteñen demasiados anuncios pero non atopamos ningunhas sen eles)
  • Para practicar un pouco de todo APP PUPITRE de Santillana.
  • Para repasar lengua: LENGUAJE 7 AÑOS de The city of the apps.
  • Para repasar mates: MATES 7 años, de The city of the apps.
  • Para aprender a pintar: DIBUJO FÁCIL DE KAWAII: CÓMO DIBUJAR PASO A PASO. De Better Life - Color and Draw
  • Para practicar o reloxo:CLOCKED CLOCK de merakName
  • Repasar os euros CONTAR DINERO MONEDAS EURO de Boriol

 

  • E, se podes, non deixes de facer estas cousas tan guais:
  1. Aprender a xogar a un xogo de mesa ou de cartas novo.
  2. Facer limoada caseira e tomala ben fresquiña.
  3. Mirar as estrelas un bo rato.
  4. Coidar unha planta.
  5. Tirarse nunha piscina salpicando todo o posible.
  6. Ver fogos artificiais.
  7. Fai deporte, canta, baila, etc.
  8. Guerra de globos de auga.
  9. Busca formas nas nubes.
  10. Superar o teu record en altura de castelo de area.
  11. Non tirar nunca nada de basura ao chan, nin na praia ou campo.
  12. Aprende a facer algunha receita de cociña, se é saudable moito mellor.
  13. Dar todos os días a lo menos un abrazo.
  14. Ocuparse dalgunha tarefa da casa (ti tamén vives aí).
  15. Di todas as veces que o precises QUÉROTE MOITO.
  16. SÉ MOI MOI FELIZ.

 

Desexamos de todo corazón que pasarades un curso estupendo e que disfrutedes das vacacións.

 

Con moito cariño

As profes de 2º

 

AdxuntoTamaño
cuandernos2-matemticas-verano-130623102543-phpapp01.pdf186.28 KB
cuadernilloderepaso2-caravaca-130623101944-phpapp01.pdf1.75 MB


page | by Dr. Radut