O noso alumnado de 6º de EP participa este ano no PROXECTO SEMENTE (Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espíritu emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula). Mañá poñerán á venda todo o que realizaron ó longo deste curso no MERCADO SEMENTE (desde as 16:30 ata as 20:30 na praza de María Pita). A recaudación irá destinada a diversos proxectos solidarios e ONG.
Desde o centro queremos transmitir o noso agradecemento e parabéns tanto ó alumnado como ó profesorado participante polo esforzo e traballo realizado. Vémonos alí!!!