Comunicamos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
O prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021.
O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde esté admitido para o vindeiro curso 2021/22.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS ou SEDE ELECTRÓNICA.
Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:45, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00 h respetando as medidas sanitarias en vigor (mascarillas, distancia de seguridade) e as establecidas polo propio centro. A documentación a presentar é a seguinte:
- Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluindo todos os fillos-as matriculados no centro.
- Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia)
Só se permitirá a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.
As colas de espera realizaranse no exterior mantendo a distancia de seguridade.
Datas importantes:
-
Publicación listaxes provisionais: 28 de xuño
-
Reclamación ás listaxes provisionais : 29 e 30 de xuño
-
Publicación listaxes definitivas: 5 de xullo
-
Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.
-
Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 30 de xuño ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas
TODA A INFORMACIÓN PREMENDO NA IMAXE
ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS
SOLICITUDE PARA DESCARGAR: ANEXO I E ANEXO II