A atención das nais, pais e titores-as legais do alumnado de 6º de EP
De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) e da ORDE da Consellería do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos , e modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 Comunicamos o seguinte:
1. O CEIP San Francisco Javier está adscrito ao IES Monelos
2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de primaria non adscritos. Isto non quere dicir que se obteña praza. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
3. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
4. Toda a información e manuais está publicada na páxina da Consellería de Educación en admisionalumnado
5. A presentación da solicitude pode ser no centro ou a través da Sede Electrónica ou chave 365
a. Se opta pola presentación no centro o alumnado deberá entregar a solicitude ó seu titor-a antes entre o 11 de xaneiro e 8 de febreiro.
Pode cubrir a solicitude en línea e despois imprimila:
b. Se opta por cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica deberá seguir os
pasos indicados pola Consellería na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.
- O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro a partires de marzo ou na web da Consellería.
- A reserva no IES Monelos adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- O alumnado ADMITIDO deberá formalizar a matrícula no instituto entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.