Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto no taboleiro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación fondolibros coa Chave365 ou certificado electrónico. Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno/a, e nas de vales se está concedido ou non.
O prazo de reclamacións é de dous días dende o da publicación das listaxes, é dicir, os días 7 e 8 de xuño, presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse polo mesmo procedemento as listaxes definitivas. A data de publicación das listaxes definitivas será o 10 de xullo.
Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno/a. Tanto se recibides 6 libros coma se recibides 4, o reparto realizarase por esta orde: Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Inglés (Class Book). O resto de libros non forma parte do fondo solidario, así como o Activity de Inglés, polo que se deberán comprar.
As entregas serán no mes de setembro.
AVISO PARA 4ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, o libro de Inglés (Class Book).
AVISO PARA 6ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 6ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, os libros en préstamo de Lingua Galega, Lingua Castelá, Matemáticas e Inglés (Class Book).
A partires do xoves 9 de xullo estarán dispoñibles os vales para libros e material escolar do Fondo libros. A recollida dos mesmos será na Secretaría do centro os día 9 e 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 h. De non recollelo nesas datas estarán á disposición das familias en setembro.