Skip to Content

Programación de actividades do 15 ao 19 de xuño.

Ola a tod@s:

É a derradeira semana deste curso que foi ben estrano, nesta clase con cambio de profesores e logo coa situación creada polo coronavirus. Sodes uns campeóns porque fostes quen de sobrevivir a todos estes cambios. Estou moi orgulloso de todos e cada un de vós e sempre vos levarei no meu corazón. Grazas por todo o voso esforzo este tempo e por as grandes personas que me demostraches que sodes.

O próximo venres 19 faremos unha videochamada de despedida moi especial, as 11 e media. Pídovos que esteades todos, haberá algunha que outra sorpresiña, pero sobre todo quero que esteamos tod@s xuntos unha última vez. Confío en que será así.

Para esta semana, como xa me comprometín na última videochamada, as actividades serán lixeiras. Así que seleccionei algúns xogos para que traballedes de maneira divertida e diferente. A ver se vos gustan.

Boa semana, vémonos o venres. Como sempre e máis que nunca, unha aperta fortísima a tod@s.

Matemáticas / Ciencias da Natureza / Ciencias Sociais

Imos divertirnos un pouco e aprender destas materias xogando ao xogo a oca:

http://contenidos.educarex.es/mci/2005/31/fil/laoca.html

Facemos un pouquiño de cálculo mental? A ver como de forte está o noso cerebro?

http://www.supersaber.com/carreraMates.htm

E agora Fórmula 1 dividindo

https://www.arcademics.com/games/drag-race

Lengua Castellana

¿Cómo andamos de ortografía y de conocimiento de vocabulario? ¡Qué ya vais a pasar a 6º!!!! Vamos a ver…

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_odes/2007/lengua/lc006_es/index.html

https://www.educa2.madrid.org/binary/935/files801/flash.htm?numrecurso=4

Lingua Galega

Agora imos ver como andades de vocabulario en lingua galega:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1505926508/contido/xogo/xogo.html

E dadas estas datas e a proximidade da festividade de San Xoán, imos xogar ao aforcado sobre o lume:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292486766/contido/aforcado/aforcado.html

Educación Artística

Imos ver canto sabemos de arte. É unha maneira de gañar en cultura xeral. Por certo, se o precisades, buscade as respostas se non sabedes algo, porque este xogo é sobre todo para aprender.

https://www.jugarconjuegos.com/juego/cuanto-sabes-arte.htm

ATENCIÓN: A meirande parte de estes xogos precisan da activación do Adobe Flash Player.



page | by Dr. Radut