Skip to Content

Programación de actividades do 8 ao 12 de xuño.

Ola rapaces, como ides? Estamos no tramo final del curso, así que xa só queda un último esforzo, dúas semanas. Neste tempo vou tentar de enviarvos menos tarefas para deixar tamén marxe aos que queiran mandarme actividades que non teñan feitas.

Grazas polo voso esforzo. Sodes realmente uns campeóns.

Boa semana e a por todas!!! Unha aperta grandísima, Jesús.

Matemáticas

Facemos uns exercicios de repaso dos decimais. Atópanse no apartado dos anexos co nome de “Ficha de repaso dos decimais”.

Lengua Castellana

Aprenderemos sobre cómo era una ciudad romana y tendremos que contestar a unas preguntas sobre el tema. El documento se encuentra en el área de adjuntos.

Lingua Galega

Achégase o verán e como todos os anos, a Xunta ten que poñer a punto o seu dispositivo de loita contra as lapas. Que sabemos sobre este problema? Invítovos a aprender algunhas cousas básicas sobre todo o relacionado con este problema que é tan grave para o medio ambiente da nosa terra.

Ciencias Sociais /  Ciencias da Natureza

E sen afastarnos moito do tema plantexado no traballo de lingua galega, imos continuar pensando sobre cales son os problemas que xorden da confluencia da actividade humana co medio ambiente a través do visionamento dun filme que posiblemente xa coñecedes (Lorax: na procura da trúfula perdida).

https://www.youtube.com/playlist?list=PL2s4pAA3rRjyHmgybBt_YQfaP3k3j5Jpf

A nosa tarefa consistirá en responder a estas preguntas: 1) por que a actividade humana é tan danosa para o medio ambiente?; 2) cal é a causa de que ser humano non sexa quen de limitar a súa produción económica?; 3) cres que poderíamos acabar vivindo en cidades como a descrita na película?; 4) cal é o papel que o Lorax xoga no filme?; 5) cres que podemos atopar unha solución para os problemas medio-ambientais ou que non hai moita esperanza?; 6) que é o que máis chamou a túa atención?; e 7) por último, gustouche a película?

AdxuntoTamaño
Ficha Repaso de Decimales.pdf93.08 KB
Las ciudades romanas.pdf16.17 KB
Os incendios forestais.pdf17.77 KB


page | by Dr. Radut