Recordamos ás familias solicitantes de plaza no proceso de admisión do alumnado do curso 2020-2021 para o CEIP San Francisco Javier, que ó haber máis solicudes que prazas ofertadas polo colexio é preciso baremar todas as solicitudes presentadas tanto en EDUCACIÓN INFANTIL como en EDUCACIÓN PRIMARIA.
Informamos que se alguén ten pendente de entregar algunha documentación acreditativa dos criterios alegados, o prazo remata o día 26 de maio ás 13:00 horas.
Asimesmo, lembramos que si a data de alta na vivenda que figura no padrón é inferior a un ano, débese acreditar o domicilio achegando, no prazo indicado:
- contrato de aluguer ou escritura de compraventa da vivenda
- contratos de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión
A documentación acreditativa pendente entregarase na secretaría do colexio, no horario de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas), entre os días 20 e 26 de maio.