Skip to Content

Programación de actividades do 18 ao 22 de maio.

Feliz Día e semana das Letras Galegas para todos e todas. Tentade esta semana de empregar un pouquiño máis o galego, temos necesidade de novos falantes para que a nosa lingua non se esqueza.

Déixovos a continuación as tarefas propostas para esta semana.

Matemáticas

Facemos as fichas de reforzo e ampliación das unidades de medida. Mirade no apartado dos documentos anexos.

Lengua Castellana

Vamos a empezar a estudiar/repasar la conjugación de los verbos en castellano. Podemos leer la teoría de la parte de gramática sobre los verbos en nuestro libro de texto en la pág. 148,  pero de una manera más resumida visualizad el documento que os dejo abajo sobre el verbo y estos dos vídeos de la profe youtuber Noemí:

Los verbos: la persona y el número:

https://www.youtube.com/watch?v=1oDSh21Kpbw

Los verbos: el modo y la conjugación verbal:

https://www.youtube.com/watch?v=n5jd5q4IiJw

Después podemos poner en práctica lo aprendido con este juego:

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/palabras/verbos1.html

Lingua Galega

Nesta semana que sigue á celebración do Día das Letras Galegas quero encargarvos tres tarefas. A primeira é entrar no Blog de Elmer na Cubela para ver os contidos relativos á festividade adicada á figura de Ricardo Carvalho Calero, dende os xogos e as actividades de pintura ata botar unha ollada ás propostas do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Se vos animades a facer algo artístico ao fío de todo isto podédesmo mandar. A segunda tarefa consistirá, no mesmo blog, en visualizardes os vídeos das escritoras en lingua galega. Por último, gustaríame que fagades unha ficha sobre o homenaxeado este ano pola Academia Galega no Día das Letras, Ricardo Carvalho Calero, similar á que fixestes sobre Marina Mayoral, incluíndo datos da súa vida, a súa traxectoria profesional e as súas obras máis relevan-tes.

Ciencias Sociais

Completar o esquema da páxina 78 do libro no apartado Organiza as túas ideas sobre o tema da Cidadanía Europea. Podedes empregar o tema do libro e os vosos traballos sobre os vídeos das dúas semanas precedentes. Facede tamén os exercicios 27 e 29.

Ciencias da Natureza

Unidade 4 Apartado Ponte a proba.

Páx. 80 do libro ex. 1 e 2.

Coma sempre, moitas grazas pola vosa atención e pasade unha moi boa semana. Apertas fortísimas, Jesús.

AdxuntoTamaño
Mates 5º Refuerzo y Ampliación Unidades de Medida.pdf146.11 KB
Lengua Castellana EL VERBO.pdf705.59 KB


page | by Dr. Radut