Skip to Content

A HORTA ESCOLAR: SEMENTANDO APRENDIZAXES

Comprácenos informar que no colexio continuamos a traballar no noso horto escolar. Este ano contamos coa participación e a iniciativa do proxecto "A HORTA QUE QUEREMOS", do Concello de A Coruña e a Fundación Repsol, a quenes queremos agradecer a súa colaboración neste labor.

A través deste proxecto, o noso alumnado está a aprender a cultivar as súas propias verduras e hortalizas, fomentando unha alimentación saudable e sostible. Ademais, están a adquirir habilidades valiosas no coidado do medio ambiente e o traballo en equipo.

Esperamos poder compartir pronto os froitos do noso traballo.

PROXECTO SEMENTE. PARTICIPAMOS OS DE 5º EP!!!

Onte, unha representación das cooperativas que creamos en 5º curso de EP, impulsadas polo Proxecto Semente, fomos ao Concello solicitar a licenza de venda dos nosos produtos.
Estabamos moi nerviosos pero saíu todo xenial.
Alí coñecemos a nenos e nenas doutros colexios. O acto celebrouse no Salón de Plenos, un lugar belísimo, case tanto coma nós, que fomos moi elegantes.
A alcaldesa felicitounos e animounos a seguir traballando porque o mercado xa será o vindeiro 19 de maio.
Queda pouco tempo e moito por facer.

Ademais Pablo Díaz Bouza entrevistounos para o programa "Hoy por hoy", de Radio Coruña. Mirade que ben falamos...

(Audio)
 

Seguiremos informando, querido colexio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

XORNADA FAMILIAS PLAN DIRECTOR: RISCOS REDES SOCIAIS

O xoves, 30 de marzo, tivemos a charla no salón de usos múltiples do noso centro sobre os riscos asociados ao uso das RRSS destinado ás familias do alumnado de 5º e 6º EP.

Esta charla enmárcase dentro do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas Contornas, desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, tema de especial importancia e interese para toda a comunidade educativa.

Grazas a Abraham e as familias asistentes.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Informamos aos solicitantes de praza no proceso de admisión de alumnado do curso 2023-2024 para o CEIP San Francisco Javier que, tras determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, é preciso baremar todas as solicitudes para Educación Infantil e para Educación Primaria.

A documentación xustificativa dos criterios de baremo entregarase na administración do centro do 21 ao 31 de marzo e o 11 de abril, no horario de 09:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 h.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

Visita ao Fórum Metropolitano

O mércores 1 de marzo, o alumnado de 4ºA EP visitou a biblioteca do Fórum.

Pasáronno xenial aprendendo co bibliotecario e coa bibliotecaria.

ENTROIDO 2023

Aquí deixamos un recordo do paseo artístico do noso entroido. 

</div

DESCUBRINDO O MUNDO DA ARTE

Este ano, na aula de 4ºA aproveitamos o entroido para traballar o mundo da arte a través de diferentes artistas e cadros importantes da historia da Arte realizando unha exposición, foi todo un éxito!.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

PRAZO: DO 1 DE MARZO ATA O 20 DE MARZO. 

           PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

           - Cubrir a solicitude informaticamente e asinala na Sede Electrónica (recomendable).

           - Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. 

           DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE: 

           - Copia do DNI e do libro de familia.

           - Certificado actualizado de empadroamento.

           - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

           - Calquera outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

           HORARIO DE ADMINISTRACIÓN: De luns a venres: De 09:15 a 11:30 e de

           12:00 a 13:15 horas. Luns pola tarde de 16:00 a 18:30 horas.  

INSTRUCIÓNS E VACANTES 

CRITERIOS DE VALORACIÓN

CRITERIO COMPLEMENTARIO

MAPA DE ZONAS

RESOLUCIÓN RESULTADO DESEMPATE

NORMATIVA REGULADORA

CRONOGRAMA

CIRCULAR ENTROIDO

CAMPAÑA SOLIDARIA BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da área metropolitana. 

Queremos agradecer a todas as familias participantes a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade que contribuirá a atender ás persoas máis desfavorecidas. 

O Banco de Alimentos trasládanos o seu agradecemento polo compromiso solidario do noso centro e envíanos o albarán da recollida do noso centro, que publicamos en arquivo adxunto.

 Un grupo de alumnas e alumnos fixo a entrega simbólica en representación de todo o centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut