Skip to Content

Novas

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias de 4º de EI, 

O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida ó centro e desexarvos un feliz curso escolar. 

O vindeiro martes día 7 de setembro teredes unha reunión cas titoras no salón de usos múltiples do centro, na que se trasladará información importante e se aclararán as dúbidas que poidan xurdir..

Por protocolo adaptación COVID, realizaranse dúas reunións. Á reunión só pode asistir un dos responsables e non poden acudir con menores.

  • 12:00 - 12:30 horas: familias con primeiro apelido  empece pola A ata a G 
  • 12:45 – 13:15 horas: familias con primeiro apelido  empece pola L ata a V

En arquivos adxuntos figuran os horarios dos grupos. Serán as titoras as que comuniquen na reunión a qué grupo pertence o seu fillo-a, dado que non se corresponde ca orde alfabética.  

Recibide un cordial saúdo 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4ºA EI

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4ºB EI

 

BENVIDA INICIO DE CURSO

 

 

Estimadas familias,

Tanto o equipo directivo como o profesorado queremos darvos a benvida a este curso.

Desde o día 1 de setembro o centro está aberto e estamos a organizar o novo curso para que esté todo preparado para o comezo das clases, o día 9 de setembro. 

Como novidades,  comunicarvos que tanto 6º EI como 2ºEP, que eran línea tres, reagruparanse en 2 cursos. O martes día 7 poñeremos as listaxes destes grupos dentro do taboleiro do centro para que saibades a qué grupo se incorporan, dado que a aplicación AbalarMóbil ainda non está operativa. 

Polo que respeta a 4º de EI, serán as titoras na reunión que se celebrará o martes día 7 as que comuniquen ás familias dita información. 

Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante segue a ser a web do centro. 

Feliz curso!!

O Equipo Directivo

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021-2022

CALENDARIO ESCOLAR 2021/2022

COMEZO CLASES EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA  9 DE SETEMBRO 

DÍAS ELEXIDOS POLO CENTRO COMO NON LECTIVOS:

7 DE DECEMBRO DE 2021 E 16 DE MAIO DE 2022

PRAZO INSCRIPCIÓN COMEDOR CURSO 2021/2022

Estimadas familias, 

Desde a ANPA A CUBELA, comunícannos que o prazo de inscripción para o comedor será do 10 ó 30 de agosto. 

Para mais información, diríxase á web da ANPA:

http://www.anpacubela.es/

 

PUBLICACIÓN LISTAXES FONDOLIBROS E VALES MATERIAL

Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto no taboleiro dentro colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación fondolibros coa Chave365 ou certificado electrónico (Lembramos que non podemos facilitar información por teléfono). Indícase nestas listaxes provisionais o número de libros que recibirá cada alumno/a, e nas de vales se está concedido ou non.

O prazo de reclamacións é de dous días dende o da publicación das listaxes, é dicir, os días  29 e 30 de xuño, presencialmente no centro en horario de 9:30 a 13:00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse polo mesmo procedemento as listaxes definitivas. A data de publicación das listaxes definitivas será o 5 de xullo.

Nas listaxes definitivas de Fondolibros aparecerán os libros concretos para cada alumno/a. Tanto se recibides 6 libros coma se recibides 4, o reparto realizarase por esta orde: Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Inglés (Class Book). O resto de libros non forma parte do fondo solidario, así como o Activity de Inglés, polo que se deberán comprar.

  • Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º  a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.
  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 30 de xuño ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.

AVISO PARA 6ºEP: Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 6ºEP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, os libros en préstamo de Matemáticas e Inglés (Class Book).

CIRCULAR FIN DE CURSO

ACCEDA Á CIRCULAR PREMENDO NA IMAXE

 

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o vindeiro curso 2021/2022, deberá formalizar a súa matrícula entre o 20 e 30 de xuño. 

Se finalizado este prazo non tivese formalizado ésta, teráselle por decaído o dereito á mesma.

A documentación que deberá presentar é a seguinte: 

Lembramos que unha vez matriculado o alumno-a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil

O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha webinar  (CISCO WEBEX) cas familias de 3 anos previa inscripción no  teléfono: 881960981.

 

PROXECTO SEMENTE

Este ano, o alumnado e o profesorado de 6º de EP do CEIP San Francisco Javier, participaron no PROXECTO SEMENTE organizado polo Concello de A Coruña

Trátase dun programa educativo co que se pretende fomentar os valores da economía social e o espíritu emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula. 

O pasado venres 28 de maio, acudiron á praza de María Pita para poñer á venda os seus produtos no MERCADO SEMENTE.  O recaudado donaronno a tres asociacións: 

  • AECC:  Asociación Española Contra el Cáncer
  • ASANOG: Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia
  • FUNDACIÓN CRAM: Fundación dedicada á protección do medio mariño.

Queremos darvos os parabéns por este xesto que vos converte en campións en valores como a solidaridade, a empatía e a xenerosidade . 

 

 

Os medios de comunicación recolleron a noticia: 

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

O alumnado do CEIP San Francisco Xabier homenaxea a Xela Arias con fantásticos traballos que mostran grande creatividade. Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut