Skip to Content

Novas

VISITA DE MELCHOR

Qué sorpresa máis extraordinaria tivemos o luns, nin mais nin menos que Melchor veu ó colexio. Canto disfrutamos os pequenos e pequenas ca súa visita!!! 

Esperemos que se cumplan todos os vosos desexos!!!!

 

FELICES FESTAS!!!

 

 

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

Informamos que xa está publicada  no taboeiro de anuncios interior do centro a listaxe provisional de distribución de máscaras. 

 

Prazo de reclamacións: 2 días hábiles a partir da súa publicación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E

Alumnado destinatario. 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD

  • Presencialmente no centro en horario de 9:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:45
  • Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Ligazón á orde do 28 de outubro, pinchar aquí.

Anexos I, Anexo II pinchar aquí

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o día 1 de decembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O pasado venres  celebramos o Samaín no colexio. Foi un día especial e aquí deixamos unha mostra da celebración: os nosos disfraces, as nosas cabazas que con tanta ilusión decorastes... Grazas ó profesorado e as familias pola vosa colaboración!!

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias, 

Comunicamos que os días solicitados polo centro como non lectivos e aprobados no Consello Escolar  son o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.

Asimesmo, lembramos que o luns 11 de outubro , non é lectivo, por ser o Día do Ensino, polo que o centro permanecerá pechado. 

Prema aquí para mais información do calendario escolar. 

 

BECAS ALUMNADO NEAE

Está aberto o prazo para a solicitude de Becas para alumnado NEAE. 

Para mais información prema na imaxe.  

 

ENTRADAS E SAÍDAS

Estimadas familias,

Mañá empezamos o novo curso escolar con moita ilusión e desexando que o curso que se desarrolle do mellor xeito posible.

Esperamos que pronto funcione Abalarmóbil para que o profesorado titor se poida comunicar con vós,e mentras tanto, empregaremos a web para que poidades estar informados.

Mañá, día 9 de setembro,  o alumnado de EP traerá como material ó centro o estoxo (bolis, pinturas, tesoiras,… ), unha libreta, a máscara de reposto e o paquete de folios. Despois será o profesorado do curso quen lles dea as indicacións necesarias para os seguintes días.

Lembramos a importancia de ler o protocolo de adaptación COVID 19 xunto coa circular de inicio de curso, que aclarará moitas das dúbidas que poidan xurdir.

Publicamos nesta entrada de novo as entradas e saídas para que vos resulte máis accesible a información dos puntos de acceso e saída.

MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE, REPERCUTIRÁ EN BENEFICIO DE TODOS. 

O obxectivo das seguintes medidas é a non aglomeración de persoas, tanto a entrada como a saída dos centros, debendo en todo momento garantir as medidas de distanciamento físico interpersoal.

O éxito desde plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado.

 MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!!

 

ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN INFANTIL

ACCESO AO CENTRO: Hora: 9:00 (Non antes para non mesturarse co alumnado de EP). Porta Peonil Rúa Roberto Tojeiro Díaz.

SAÍDA: Hora (segundo táboa) As familias terán que sarír pola Ronda De Outeiro.

NORMAS PARA O ACCESO FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL:

  • Permítese só un acompañante adulto por alumno/a con uso obrigatorio de máscara.
  • Accederase por Roberto Tojeiro Díaz (NON SE PODE SAIR POR ESTA PORTA), sairase pola Ronda de Outeiro.
  • Manterase a distancia de seguridade entre as persoas.
  • Os adultos non poden subir as escaleiras do porche.
  • Abandonarase o recinto o antes posible, evitando atascos e grupos de persoas

NIVEL

ENTRADA

ACCESO

RECINTO

LOCALIZACIÓN

ALUMNADO

SAÍDA

LUGAR DE RECOLLIDA

4º EI

9:05

Rúa Roberto Tojeiro Díaz

Porche

Porta nº3

13:50

Porche

Porta 3

5º EI

9:00

Rúa Roberto Tojeiro Díaz

Porche

Porta nº2

13:55

Porche

Porta 3

6º EI

9:00

Rúa Roberto Tojeiro Díaz

Porche

Porta nº2

13:55

Porche

Porta 3

 

ENTRADAS E SAÍDAS EDUCACIÓN PRIMARIA

HORA DE ENTRADA: 9:00 H

HORA DE SAÍDA: 14:00

O alumnado de EP poderá acceder ó centro  a partires das 8:55 h, mantendo as distancias de seguridade e evitando atascos.

3º, 4º , 5º e 6º de EP fará as filas na pista cuberta.

1º e 2º EP realizará as filas no porche do centro. 

Non estará permitido a entrada de acompañantes.

Habilitaranse 2 accesos:

Ronda de Outeiro: 4 º, 5º e 6º EP. Os alumnos-as irán entrando gardando a distancia de seguridade entre eles e dirixiranse á pista cuberta á súa fila.

Roberto Díaz Tojeiro: 3º, 2º e 1º EP . Os  alumnos-as irán entrando gardando a distancia de seguridade entre eles e os de 3º dirixiranse á pista cuberta á súa fila. Os de 1º e 2º ó porche.

5º e 6º de EP sairán polo portalón grande . A entrega do alumnado de 2º, 3º e 4º  será pola misma porta pola que entraron,  excepto 1º EP que sairá pola porta de acceso de EI.

LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DE UNHA VEZ RECOLLIDO O ALUMNO-A DEIXAR ESPAZO PARA QUE AS OUTRAS FAMILIAS POIDAN TAMÉN RECOLLER ÓS SEUS FILLOS-AS,  E EVITEN A FORMACIÓN DE ATASCOS E CORRILLOS.

Se algún alumno-a chega tarde esperará  fora do recinto co seu acompañante a que entre todo o alumnado. Unha vez que estea libre o porche esperará no mesmo e seguirá as indicacións do persoal do centro para poder acceder á aula.

O retraso ten que ser por causa xustificada, firmando o documento correspondente que se facilitará en administración.

CIRCULAR INICIO DE CURSO E PLAN DE ADAPTACIÓN COVID19 PARA O CURSO 2021/22

Estimadas familias, 

Procedemos a publicar a primeira circular deste curso e o Plan de Adaptación Covid 19 do centro para este curso. Pódese acceder a cada un dos documentos premendo nas imáxenes.

 

             

 

Distribuir contido


by Dr. Radut