Comunicamos que este ano, debido á situación sanitaria que estamos a vivir, realizaremos a xornada de portas abertas online, nunha reunión virtual/webinar o mércores 9 de marzo ás 17:00 horas a través da plataforma Cisco Webex.
Nesa sesión facilitarase información importante do centro: proxecto educativo, horarios, recursos, actividades, infraestructuras e finalizarase cunha rolda de preguntas.
As familias que estén interesadas en participar na mesma, deberán inscribirse previamente chamando ó número de administración do centro: 881960989 en horario de mañá. A ligazón para poder asistir será enviada o martes día 8 de marzo ó correo electrónico facilitado.
Agradecemos de antemán a súa participación, colaboración e interese por formar parte da nosa comunidade educativa. Aproveitamos a ocasión para enviarlles un afectuoso saúdo.
O Equipo Directivo
Deixamos unha vídeo do centro para que o poidan coñecer e poden realizar un tour virtual pinchando aquí
O pasado 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Cada unha das clases decorou un “PAZaugas” con mensaxes, poemas e motivos relacionados ca mesma, diseñando un pasaporte da paz cos países que elexiron.
Parabéns a todo o profesorado e alumnado polo seu traballo e colaboración!!!
Desde La Opinión de A Coruña, fixéronse eco da actividade. Pódese ler o artigo pinchando aquí
Prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda cursar estudos de 1º da ESO no IES MONELOS (centro adscrito) é do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro.
A través da Sede Electrónica da Xunta ou cumprimentala a través da aplicación admisióndealumnado, presentándoa posteriormente no centro.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, realizarase no noso centro ou na aplicación admisionalumnado.
A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.
Desde o EDLGparabéns a tod@s @s participantes na redacción e ilustración de contos de medo, que cada vez nos sorprendenmáis coa súa creatividade, tanto cos seus debuxos como coas súas composicións, neste caso, narrativa.
Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo o colaboración!!
Qué sorpresa máis extraordinaria tivemos o luns, nin mais nin menos que Melchor veu ó colexio. Canto disfrutamos os pequenos e pequenas ca súa visita!!!
Esperemos que se cumplan todos os vosos desexos!!!!