Matemáticas.
LIBRO UD. 7 Medir lonxitudes, capacidades e masas.
páx. 124 UNIDADES DE MEDIDA DE MASA Ler e reflexionar sobre as dúas unidades que se empregan para medir a masa: kg e g. Copiar no caderno a táboa de equivalencia entre kg, hg, dag, g, dg, cg e mg.
Para pensar, na mesma páxina ex. 18 e 19.
Traballamos unidades de masa e a operación da división no exercicio 20 da páx. 125 (facemos busca para determinar canto pode pesar cada tipo de froita).
Agora imos coas equivalencias: páx. 125 ex. 21 e 23.
Finalmente, uns problemas para reflexionar: páx 125 ex. 25. Fixádevos cal é o noso impacto no medio ambiente. Por outra banda, ex. 27, este vai con trampa, a ver se sodes quen de resolvelo axeitadamente.
Lengua Castellana
UN. 8. Apartado Técnicas de Estudio. El subrayado (II).
En la pág. 136, trabajamos de nuevo sobre el subrayado, ampliando lo que ya habíamos visto en clase sobre esto.
Miramos la parte de teoría y después realizamos las actividades 1, 2, 4 y 5 de esta página.
UN. 8. Apartado He Aprendido.
A modo de repaso, realizamos las tareas 1, 3 y 4 de la página 138.
Lingua Galega.
UN. 8. Apartado Ortografía. A diérese.
Nesta ocasión imos estudar a diérese que, en galego, a diferenca do castelán, podemos empregar sobre o "u", pero tamén sobre o "i". Convén copiar a caixa amarela da páxina 118 e mais os exemplos do uso de ï na conxugación.
Para poñer isto en práctica faremos os exercicios 15 e 16 da páx. 118.
UN. 8. Apartado Vocabulario. Os prefixos apreciativos.
Como acabamos de velos en lingua castelá, soamente temos que repasalos un pouco. Podemos copiar a caixa amarela no noso caderno e mirar os exemplos. Logo facemos os exercicios propostos na páxina 119, 18 e 19.
A modo de desafío, podemos sondar os nosos coñecementos de palabras vencelladas á medicina. Se fai falta, podedes consultar no dicionario. Facemos o exercicio 20.
Ciencias Sociais.
UN. 3. Punto 5 Resumo de A cultura de España. páxs. 60 e 61.
Facemos un esquema onde engadamos todos os aspectos da cultura española por apartados como aparece no libro.
Tarefa de busca: elixe un "invento español" e elabora un pequeno artículo coa información que atopes.
Tarefa de reflexión: Investigación sobre as expresións culturais de Galicia, páx. 61 ex. 34.
Ciencias da Natureza.
UN. 4. Apartado 3 Forzas por todas partes.
Para estudar este apartado temos que facer un exercicio extra de reflexión e imaxinación. Convén ler moi ben os contidos da páxina 72, mesmo a ilustración, e facer un resumo do esquema que aparece embaixo: "Efectos das forzas".
Por último, copiamos a caixiña de cor rosa a modo de resumo final e a actividade 13 da páxina 73.
Moitas grazas pola vosa atención e boa semana para tod@s.
Unha aperta grande, Jesús.