Skip to Content

Taboleiro

RUTAS URBANAS

Desde hai uns días, acuden ó colexio  a policía Silvia e o policía Manuel para que aprendamos Educación Vial dunha forma diferente. 

O pasado venres 25 voltaron a visitarnos, esta vez tocoulles a quenda ó alumnado de 6º EI. Explicáronnos que temos que facer si nos perdemos na rúa; dixéronnos un número moi importante, o 112, para emerxencias; e o mellor de todo,  saímos á rúa con chalecos de policía, e recordamos como temos que cruzar nos pasos de peóns. Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas!!!

 

 

 

XA TEMOS HORTA NA ESCOLA!!!

Por fin o conseguimos!!! Xa temos horta no San Francisco Javier!!!

Estamos ilusionad@s e entuasiasmad@s. Esta semana empezamos a plantar a nosa horta, cada clase temos asignada unha. Imos cultivar un pouquiño de todo; desde leitugas, tomates cherri, cenorias, amorodos, plantas aromáticas, acelgas, espinacas... e moitas máis cousiñas!!!

Entre os distintos obxectivos que nos plantexamos os profes con este proxecto, destacaríamos aprender a cultivar e coidar as plantas, pero tamén aprenderemos valores moi importantes: traballo en equipo, sostenibilidade  e o respeto e coidado da natureza e da nosa contorna. 

 

 

RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

Estimadas familias e membros da comunidade educativa: profesorado e persoal non docente. 

 

Como non podía ser doutra forma, unha vez máis queremos darvos mil grazas pola magnífica resposta á campaña de recollida de MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA. 

 

Hoxe, un grupo de alumn@s en representación de todo o centro, fixeron  entrega a Laura, representante da ONG FAMILIES4PEACE dos medicamentos aportados.

 

Indícannos que hoxe serán clasificados por personal sanitario voluntario, para saír nas vindeiras horas camiño de Ucraína. 

 

Grazas de novo pola vosa solidariedade, colaboración e xenerosidade!!!

 

 

MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

Estimadas familias:

Como non podía ser doutro xeito, ante unha situación na que toda colaboración é pouca e imprescindible, o noso centro educativo está a colaborar como punto de entrega e recollida de medicación de emerxencia para remitir a UCRAÍNA en colaboración ca ONG FAMILIES4PEACE.

Dada a premura da entrega, a campaña estará aberta desde mañá mércores 16 ata o xoves 17 ás 14:00 horas, día en que está prevista a recollida e o envío aos centros de atención de emerxencia e ao hospital de Odessa.

Dispoñen da información sobre o procedemento de recollida premendo na seguinte ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanfrancisco/?q=system/files/MEDICAMENTOS%20PARA%20UCRAINA.pdf

 Moitas grazas pola súa colaboración e reciban un cordial saúdo.

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Por fin poidemos volver a disfrutar do entroido. Que ben o pasamos cos nosos disfraces!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

TERCEIRO MANDADIÑO PARA O XOVES

 

SEGUNDO MANDADIÑO DO MECO PARA O MÉRCORES

  

CHEGA O ENTROIDO E OS MANDADIÑOS DO MECO!!

Chega o Meco, rei do Entroido 

Se ben o queres pasar,

ós mandadiños atento debes estar!!

Lembra que os mandadiños son pequenos adornos/disfraces e que son acumulativos!!

O primeiro dos mandadiños para mañá MARTES

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut