Ola rapaces, como estades?
Vouvos propoñer unha actividade para ir facendo pouquiño a pouquiño nestes días, e polo camiño, imos aprender un pouco de historia da arte.
A actividade ten que ver coa utilización de dúas técnicas artísticas cuns resultados ás veces sorprendentemete parecidos ou diferentes segundo o miremos, e que son a primeira moi antiga e a segunda bastante recente.
A primeria é o mosaico.
Un mosaico é unha composición decorativa ou artística, confeccionada con pequenas pezas de vidro, cerámica, pedra etc., chamadas teselas, de cores variadas, que van unidas a unha base formando figuras ou motivos xeométricos. Foi unha técnica moi empregada na Idade Antigua, dende o mundo mesopotámico ata a Grecia helenística, o Imperio romano e, na Idade Media, hai exemplos no arte bizantino e no románico lombardo.
En canto o collage, é unha técnica artística que consiste en pegar distintas imáxenes sobre un lenzo ou papel. O termo úsase sobre todo na pintura, pero por extensión podese referir a calquera outra manifestación artística, como a música, o cinema, a literatura ou o videoclip. Vén do francés coller, que significa “pegar”.
Na pintura, un collage pódese compoñer enteiramente ou só en parte de fotografías, madeira, pel, periódicos, revistas, obxectos de uso cotián, etc. Considérase que o collage é de orixe francesa e que os primeiros artistas que o empregaron foron Georges Braque e Picasso.
Que temos que facer?
Imos imprimir un patrón dunha ilustración sobre a primavera e imos facer un mosaico usando teselas de papel de cores ou un collage co mesmo patrón empregando diversos materiais que teñades á vosa disposición. No caso de elixir o collage, non é preciso respectar o esquema de puntos, podemos suxerir as formas con pezas recortadas dos materiais que empreguemos.
Varias propostas, aínda que podedes empregar outras que atopades e que poidan gustarvos máis:
http://www.supercoloring.com/es/dibujos-para-colorear/mosaico-de-primavera?version=print
https://www.istockphoto.com/es/vector/conejo-de-primavera-para-colorear-p%C3%A1gina-para-adultos-y-ni%C3%B1os-gm919983624-252875749
https://es.123rf.com/photo_71081286_patr%C3%B3n-transparente-de-mosaico-con-flores-de-primavera-en-estilo-vitral-con-colores-brillantes.html
Se queredes ilustrarvos un pouco máis sobre o tema, tedes máis información e imáxenes sobre a tarefa no documento adxunto.
Bo traballo, Jesús.