Skip to Content

Taboleiro

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2022-2023

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2022-2023 deberá formalizar a súa matrícula entre os días 20 e 30 de xuño. 

Se finalizado este prazo non a tivese formalizado, decaeralle o dereito á mesma.

A documentación que deberá presentar é: 

  • Impreso de matrícula

  • Autorizacións

  • 4 fotografías tamaño carné.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria actualizada da alumna ou alumno. 

  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador no que conste a custodia da ou do menor.

Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.

O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha reunión presencial cas familias de 3 anos previa inscrición no teléfono 881960989 (Indicar asistencia ao realizar a matrícula).

 

BECAS DE COMEDOR. PUBLICACIÓN LISTAXES

Estimadas familias, 

Hoxe publícanse no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023. 

Dispoñen de máis información no arquivo adxunto e  na seguinte ligazón: 

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2022-2023/suceso/1453803150365 

Difusión listaxes subsanación

LETRAS GALEGAS 2022

Velaquí están as nosas homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que está adicado o Día das Letras Galegas 2022. Tamén presentamos os traballos realizados polos máis cativos e cativas do noso cole.  

 
 
 
 
 
 
 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Comunicamos que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a ORDEN de 29 de abril de 2022 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos para el curso escolar 2022/23 (códigos de procedimiento ED330B, ED330G y ED330H).

prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde  esté admitido para o vindeiro curso 2022-2023.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS  ou  SEDE ELECTRÓNICA

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 11:30  e de 12:00 a 13:30, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00 h. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluindo todos os fillos e fillas matriculados no centro.
  • Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia).

ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS

DATAS IMPORTANTES

  • Publicación listaxes provisionais: 28 de xuño.

  • Reclamación ás listaxes provisionais : 29 e 30 de xuño.

  • Publicación listaxes definitivas: 5 de xullo.

  • Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º  a 6º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.

  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 30 de xuño ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerese a partires do día 1 de setembro na administración do centro en horario de 9:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 horas.

 

ENTREGA AGASALLOS VI EDICIÓN CONCURSO BANDA DESEÑADA

Parabéns ás clases e ao alumnado participante, e ganadores da  VI Edición do Concurso de Banda Deseñada.

Moitas grazas pola vosa participación e colaboración, un ano máis, cos vosos traballos!!!

Saúdos desde o EDLG!!!

 

 

ADMISION ALUMNADO. PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS CURSO 2022-2023

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023 .

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

HORTO ESCOLAR

Así van evolucionando as plantacións no noso horto. Que boa pinta!.

VI CONCURSO DE BANDA DESEÑADA: UNHA VIAXE POLO MUNDO!!

Un curso máis, @s nos@s alumnas e alumnos, desde @s máis pequen@s ata os maiores, participaron no Concurso de Banda Deseñada, na súa VI Edición, co tema UNHA VIAXE POLO MUNDO, sorprendéndonos coa súa creatividade e orixinalidade.

Agradecemos a tod@s por tomar parte no Concurso, e parabéns aos traballos seleccinados!!!

Ata a próxima edición!!!

Saúdos desde o EDLG!!!!

Podedes ver os cómics seleccionados premendo no título: 

Unha viaxe polo mundo!!!

 

 

 

 
 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2022-2023

Hoxe, día 20 de abril de 2022, procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023.
Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde mañá día 21 ata o 27 de abril de 2022ás 13:30 horas na administración do centro en horario de 09:30 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 horas.

As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas antes do 15 de maio. A súa publicación comunicarase a través da web do centro.
O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

VISITA AUTORES: CARLOS LÓPEZ

Hoxe estivo connosco Carlos López, Chinto. Encheu o Salón de Actos de retranca, de contos que cambian, de animais moi orixinais. Nós pasámolo xenial e aprendemos que o oficio de escritor non é un conto calquera..

Distribuir contido


by Dr. Radut