Bo día rapaces, estas son as propostas de actividades para a presente semana.
Plástica-matemáticas.
Como estamos a ver as distintas unidades de lonxitude, capacidade e peso, sería unha boa idea facer a nosa “escaleira” para cada unha delas ou unha conxunta como podedes ver no adxunto que deixo ao pé desta entrada. Para que vos sexa máis doado facelo, podedes tamén seguir as fantásticas explicacións do profe Eloy nos seus interesantes vídeos sobre o tema:
LONXITUDE: https://youtu.be/fiWehn2MHCI
CAPACIDADE E MASA: https://youtu.be/ye3D5Wed5cU
É importante lembrar que no que respecta á masa, a unidade é o gramo, non o quilogramo, como podería pensarse nun primeiro momento. Falando de quilogramos... coidado con como escribimos o prefixo “quilo-” en galego, xa que aínda que poida entenderse “kilo”, porque a abreviatura continúa a ser “k” minúsculo, a Academia galega recomenda a forma quilo porque o “k” no existe no noso alfabeto. Con todo, cando empregamos o castelán, no temos que preocuparnos por isto.
Volvendo á tarefa, utilizade unha ou varias follas de papel solto ou dos vosos cadernos para facer cada escaleira. Isto permitiranos repasar e “repousar” un pouco máis o que xa estudamos sobre o tema. Ademais podedes dar renda solta á vosa creatividade... Xa mostraremos este traballo no seu momento.
Matemáticas.
Un. 7. Ap. 4. DISTINTOS MODOS DE EXPRESAR MEDIDAS
Copiar as caixas azuis sobre a expresión de medidas en forma incomplexa e en forma complexa na páxina 126 do libro e as operacións con formas incomplexas. Convén que miredes ben os exemplos que aparecen alí mesmo.
Despois faremos estas tarefas para poñer en práctica o aprendido:
Páx. 126, ex. 29.
Páx. 127, ex. 30, 32, 34 e 35.
Lengua Castellana.
Epígrafe “Para leer más”, páginas 140-143.
Lectura “Se necesita fantasma” págs. 140-141.
Tareas de comprensión de la lectura:
Pág. 142, ej. 1, 2, 3, 5 y 6.
Pág. 143, ej. 10 y 13.
Lingua Galega.
Un. 8. Apartado ESCOITAR E FALAR: Contar un conto. (Páx. 120)
Este apartado témolo traballado en lingua castelá, polo que non o imos repetir, pero si imos facer unha tarefa de busca. Tedes que preguntar na casa se coñecen algún conto ou lenda tradicional propia da zona de orixe da familia e escribila para máis adiante compartila con toda a clase. Xa vos darei máis instrucións para a publicación desta tarefa máis adiante.
Un. 8 Apartado ESCRIBIR: Escribir un conto.
Repasade o que xa vimos tamén en lingua castelá sobre os contos lendo o relato que aparece na páxina 121, a definición de conto na caixiña amarela e a estrutura do mesmo. Por último, facede as seguintes tarefas deste apartado:
Páx. 121, ex. 25.
Páx. 122, ex. 26.
Ciencias Sociais.
Imos tratar de facer un repaso da unidade 3 co apartado “Organiza as túas ideas” da páxina 62. Tentamos de copiar o esquema proposto e, como nolo pide o exercicio 35, completámolo.
Facemos tamén o exercicio 36, coa axuda do esquema, ou mesmo do libro se o precisamos. Por último, para resolver os exercicios 37 e 38, podemos usar o libro na procura de información.
Ciencias da Natureza.
UN. 4. Apartado 4 Os materiais.
Neste apartado imos pensar en como empregamos os materiais e os transformamos segundo as propiedades de eles que nos interesan.
Prestade atención aos textos das Propiedades dos materiais (páx. 74) e Materiais na arquitectura (páx. 75).
Facede un RESUMO de este apartado e logo imos facer un exercicio de identificación.
Buscade dez cousas artificiais, cinco na vosa casa e cinco fora, dicide de que materiais ou combinación de materiais están feitas, cales son as súas propiedades e por que cres que son empregados nestes obxectos. Nos documentos adxuntos hai unha proposta de táboa que podes seguir.
Ademais, para esta semana, lembrade as actividades propostas dende a biblioteca no blog de Elmer, a busca de información sobre a escritora Marina Mayoral e a tarefa de Ed. Artística relativa ao mosaico-collage da primavera.
Coma sempre, moitas grazas pola vosa atención e deséxovos unha proveitosa semana para tod@s. Ata moi pronto.
Unha aperta moi forte, Jesús.