Hoxe celebramos o entroido no San Francisco Xabier.
Foi un día animadísimo!!! Aproveitamos o noso proxecto da Biblioteca e de centro “A CONVIVENCIA” como temática de entroido. Cada nivel, elexiu a profesión que considera importante e que contribúe positivamente a favorecer convivencia na sociedade. De repente, convertímonos en doutores e doutoras, bombeiros e bombeiras, cociñeiros e cociñeiras (chefs!!), policía local, científicos/científicas, periodistas, voluntarios e voluntarias da cruz vermella, xuíces e xuízas, e incluso a unidade militar de emerxencias,…
Saímos todas as comparsas e fixemos un pasarrúas, para rematar cun desfile festeiro no colexio e celebramos o I Certame de Poesía Retranqueira.
Foi un día xenial!!!
Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, alumnado, familias, ANPA, Protección Civil, e de Luis Ramas, quen aporta todo o seu tempo e saber para que o son sexa sempre perfecto!!
Pódese ver unha pequena mostra do pasarrúas pinchando aquí