Un ano máis celebráronse no último día do primeiro trimestre as probas finais da tradicional competición de atletismo do Nadal no CEIP San Francisco.
Día que supoxo unha festa para todos/as e onde o alumnado dos diferentes niveis puideron amosar as súas habilidades e o froito dos entranamentos nas fases pevias que durante o mes anterior se desenvolveron.
Está xa configurada como unha data tradicional e de especial importancia e relevancia na comunidade do noso centro. Actividade que o propio alumnado está esperando todos os anos con gran impaciencia.
Tamén aproveitamos ese día para facer a entrega dos alimentos e xoguetes recollidos na nosa CAMPAÑA SOLIDARIA 2014, en colaboración co Banco de Alimentos "Rías Altas" e a ONG "EQUUS ZEBRA".
En resumo sinalar que foi un día de grande satisfación para todos os membros da comunidade escolar do CEIP San Fco Xabier e que cada ano cobra máis auxe e importancia nos corazóns dos nosos alumnos/as.
Para ver reportaxe fotográfico. Pinchar aquí.
Para ver programa televisión (a partir do min 20:50). Pinchar aquí.
Para ver entrega solidaria. Pinchar na imaxen.
Para ver noticia prensa visionar PDF.