Skip to Content

SIMULACRO EVACUACIÓN_MAIO 2013

O pasado venres, día 7, celebramos un SIMULACRO DE EVACUACIÓN. O obxetivo marcado, dentro do Plan Xeral do Centro, é a educación preventiva de tódolos membros da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier.

Contamos coa inestimable colaboración dos servizos de Bombeiros da cidade. VER FOTOS

 Grazas chicos, grazas Federico.

GRATUIDADE SOLIDARIA: AXUDAS LIBROS E MATERIAIS

 

Pinchar aquí: enlace web.

 

Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014    

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

O GOLF NO NOSO COLE

Esta semana tocounos ir facer a clase de educación física no Parque de Oza.

E unha forma máis de poder seguir trabllando o noso Proxecto "O Barrio".

Que mellor que facela práctica de Unidade Didáctica de Golf nun espazo tan maravilloso.

Por certo pasámolo ¡Superrrrr guaiiiiiii!

Pinchar aquí: Presentación

Grazas profes

Golf

Pinchar aquí. Presentación

BECAS COMEDOR-Concello

Adxúntase información recibida dende os Servizos Sociais de A Coruña
BECAS_COMEDOR. Concello
El  día 9 de abril se publicaron en el Boletín Oficial de la Provincia las Bases que regulan la concesión de becas comedor en el Ayuntamiento de A Coruña.  El plazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir del siguiente a la publicación en el BOP.
Para ler documento. Ver adxunto

CHARLA "A SEGURIDADE NA REDE"

 

Internet

O pasado día 15 de marzo,  tivemos a sorte de poder contar con verdadeiros expertos en  “Seguridade na REDE” que nos contaron e informaron de: como, cando e ónde debemos de posicionarnos fronte ás TIC´s e as súas posibilidades de uso.
A Xornada tratou sobre temas de moita actualidade e de verdadeira necesidade de formación e información. Temáticas relacionadas co  “acoso escolar”,   “os riscos en Internet”, “ as identidades na rede”…
Ano tras ano os delitos informáticos vólvense  máis sofisticados e dende todos os estamentos educativos e de protección do menor débense de formular estratexias para saber previrse e saber reaccionar ante os riscos que Internet supón.
Que os rapaces/as  saiban que facer ante situacións que lles poidan sobrepasar é un dos obxectivos de estas charlas.

VER PRESENTACIÓN

Un material moi interesante para as familias. Pinchar aquí.

ULTIMAS NOVAS SOBRE A ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSO 2013-2014

 

EscolarizaciónComunícase que no día de hoxe, venres, día 15/03/2013, publícase a Orde de 12 de Marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 15/03/2013).

VER: http://www.edu.xunta.es/web/node/8858

  • INFORMACIÓN FAMILIAS: Punto 3º. D. 254/2012, do 13 de decembro. Ver ficheiro adxunto I
  • ZONA de INFLUENCIA: Ver plano
  • Anuncio Sorteo Público das letras para desenvolver empates. Ver documento
  • Resultado Sorteo "Letra desempate". Ver documento
  • Instrucción da Dirección Xeral de Centros. Ver documento adxunto
  • Instrucción da Xefatura Territorial de A Coruña. Ver documento adxunto.

DOCUMENTOS DO PROCESO:

1.- Carta ás familias do alumnado de sexto curso. Ver ficheiro adxunto II

2.- Información Xeral sobre o proceso de Admisión de alumnado 2013-14. Ver ficheiro adxunto III.

3.- Instruccións da Dirección Xeral de Centros. Ver doc IV

4.- Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña. Ver doc V

 

XORNADA PORTAS ABERTAS

    O Novo Cole           

 XORNADA DE POSTAS ABERTAS NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

 O DÍA 19 DE MARZO, ÁS 17:30

Para todas aquelas familias que desexen coñecer o noso cole.
Saúdos.

 

NOVAS: ADMISIÓN DE ALUMNADO 2013-2014

Nenos a escolaTrala publicación do D. 245/2012, do 13 de decembro, que regula a Admisisón do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, e pendentes de que saia publicada a Orde que desenvolverá dito Decreto, remitimos a todas aquelas familias que estean interesadas en solicitar algunha praza escolar no noso centro.

Adopcion

Adopcion

ADOPCIÓN, A MIRADA DOS PROTAGONISTAS

ADOPCIÓN, A MIRADA DOS PROTAGONISTAS

Damos a benvida a exposición itinerante sobre " A Adopción".

Poderemos disfrutar da mesma durante un par de semanas grazas a colaboración do noso centro coa Fundación Mª Jose Jove.

Invitamos a toda a comunidade educativa que poidan pasar a coñecela e duisfrutala.

Distribuir contido


by Dr. Radut