Skip to Content

BECAS COMEDOR 2014-2015

comedorO Concello da Coruña ven de publicar no BOP a convocatoria de becas para os comedores escolares de cara ao vindeiro curso 2014-2015.

Clicando na imaxe atoparedes toda a información sobre a convocatoria que remata o 8 de abril.

"I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E IGUALDADE NO ÁMBITO EDUCATIVO"

O DÍA 26 DE MARZO DERON COMEZO AS "I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E IGUALDADE NO ÁMBITO EDUCATIVO" NO CEIP SAN FCO XABIER E QUE TERÁN CONTINUIDADE O VINDEIRO 20 DE MAIO NO CEIP SALGADO TORRES.

NESTA OCASIÓN CONTOUSE COA PARTICIPACIÓN DE IMPORTANTES FIGURAS NA TEMÁTICA ABORDADA " A MELLORA DA CONVIVENCIA E CLIMA ESCOLAR", COMO NELIDA, VICEPRESIDENTA DE CONVIVES  E MARIAM, DIRECTORA DO CEIP DE SAN XOAN DE FILGUEIRA.

A XORNADA QUE CONTOU CUNHA NUTRIDA PARTICIPACIÓN DE DOCENTES DE AMBOS CENTROS ASÍ COMO DOUTROS MOITOS CHEGADOS DOUTROS CENTROS DA COMARCA RESULTOU, FRANCAMENTE, MOI POSITIVA.

Para ver máis. Pinchar aquí

E AGORA DE BOMBEIROS...QUE CHULI

 

O ALUMNADO DO NOSO COLE CONVÍRTESE EN BOMBEIRO POR UN DÍA.

QUE GUAIIII!!!!


VIVIMOS O ENTROIDO 2014. QUE GUAIIII!

ENTROIDO 2014 NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER.



 

CARTELERÍA ENTROIDO 2014

CATEL 2014AMOSAMOS AQUÍ ALGUNHAS MOSTRAS DA CREATIVIDADE E BO FACER A HORA DE PENSAR NO ENTROIDO.

"A CARTELERÍA ENTROIDO-2014"

GRAZAS A TODO O LAUMNADO POLA SÚA ILUSIÓN E PARTICIPACIÓN.

ASEMADE MANIFESTAR O MALESTAR QUE NOS QUEDOU POR NON PODER DESENVOLVER O "XUIZO AO MECO" QUE ENTRE UNS CANTOS DOCENTES E ALUMNOS/AS TIÑAMOS PREPARADO CON MOITA ILUSIÓN. PARA OUTRA VEZ QUEDARÁ.

PROCESO DE ADMISIÓN 2014-2015

Documentación sobre admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2014/2015

escolarizacionComunícase que dende o día  27/02/2013, xoves, figura publicada a Orde de 12 de Marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG do 15/03/2013), así como os formularios e demais información sobre este proceso do novo alumnado

VER: http://www.edu.xunta.es/web/node/11834

DOCUMENTOS DO PROCESO:

1.- Carta ás familias do alumnado de sexto curso. Ver ficheiro adxunto I

2.- INFORMACIÓN FAMILIAS: Punto 3º. D. 254/2012, do 13 de decembro. Ver ficheiro adxunto II

3.- Información Xeral sobre o proceso de Admisión de alumnado 2014-15. Ver ficheiro adxunto III

4.- Instruccións da Dirección Xeral de Centros. Ver doc IV

5.- Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña. Ver doc V

  • ZONA de INFLUENCIA: Ver plano


DIA DA PAZ_2014

O PASADO VENRES FOI UN DÍA MOI ESPECIAL NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER. ENTRE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA ESTIVEMOS CELEBRANDO O DÍA DA PAZ. MELLOR DITO ESTIVEMOS DURANTE TODO A SEMANA CON DITAS CELEBRACIÓNS.

FIXEMOS COLLAGES, PANCARTAS, MARCA LIBROS, DEBUXOS, POMBAS....MOITAS POMBAS.

RECIBIMOS AUTORES, ILUSTRADORES DE CONTOS MARAVILLOSOS DA EDITORIAL EMBORA. ASI TRABALLAMOS MOITOS E IMPORTANTES VALORES: AMIZADE, COMPROMISO, COEDUCACIÓN, IGUALDADE, CONVIVENCIA...

EN FIN UNS DÍAS MOI POSITIVOS.

AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA. QUE A DISFRUTEDES... 

UN NOVO SIMULACRO DE EVACUACIÓN: PREVIR, MELLOR QUE CURAR

 

XA TOCOU FACER O SIMULACRO DE EVACUACIÓN COMO FACEMOS TODOS OS ANOS.

NESTE CURSO FOI A ULTIMA DAS ACCIÓNS QUE SE DESENVOLVERON NO CENTRO CO AGALLO DE PARTICIPAR NO "PLAN SEGURIDADE" POSTO EN MARCHA DENDE A CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE A CORUÑA.

  1. O LUNS: FORMACIÓN DE MESTRES E PERSOAL NON DOCENTE.
  2. O MARTES: CAHRALAS FORMATIVAS AO ALUMNADO
  3. O MÉRCORES: PRÁCTICA DO APRENDIDO. SIMULACRO
  4. Para ver. Pinchar aquí.

ULTIMO DÍA DE COLE_NADAL 2013

XA PASAOU O PRIMEIRO TRIMESTRE. JOOOO QUE RÁPIDO PASAN AS COUSAS NO COLE.

HOXE, ÚLTIMO DÍA DE CLASE, TOCA A CELEBRACIÓN DA FINAL DO CAMPIONATO DE ATLETISMO. DESPOIS DE TANTA PREPARACIÓN CHEGA O GRAN DÍA.

A CORRER, SALTAR, E DISFRUTARRRR. E POR RIBA REPARTO DE PREMIOS. ¡ QUE GUAIIII!

AH! E QUE NON NOS FALTEN OS "CAROLS" DE FIGUE....MERRY CHRISTMAS

MIRADE, MIRADE....

O NOSO ALUMNADO VOLUNTARIO LECTOR VAI AO "FORUM METROPOLITANO"

ALGÚNS  MEMBROS DO  NOSO ALUMNADO LECTOR REMATARON OS ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE FACENDO UNHA COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA DO FORUM METROPOLITANO.

PREPRANDO A FONDO TEXTOS VARIADOS DE AUTORES ILUSTRES E FORON COMPARTIR UNHS MOMENTOS DE LECTURA COS MAIORES QUE HABITUALMENTE FRECUENTAN ESTA BIBLIOTECA SEÑEIRA DO NOSO BARRIO.

O ANTERIOR DÍA TAMÉN OUTROS COMPAÑEIR@S ESTIVERON COS AVÓS NO CENTRO CÍVICO DE SAN DIEGO. ¡COMO SE EMOCIONARON OS NOSOS MAIORES!. FANTÁSTICO.

¡FELICIDADES RAPACES! 


Distribuir contido


by Dr. Radut