Skip to Content

SAMAIN-MAGOSTO-HALLOWEEN

TEMPO DE SAMAIN, DE MAGOSTO E DE HALLOWEEN. TEMPO DE MEDOS, E MOITAS RISAS. JA,JA,JA.

OS DÍAS MÁIS TERRORÍFICOS DO ANO NO CEIP SNA FRANCISCO XABIER. PINCHADE PARA VER  AS FOTOS

E PRONTO TEMPO DE CASTAÑAS. VIVA O MAGOSTO

ELECCIÓN AOS CONSELLOS ESCOLARES 2014

ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2014

COMUNÍCASE QUE A TRAVÉS DA RESOLUCIÓN DO 19 DE SETEMBRO (DOG 01-10-2014), DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FP E INNOVACIÓN EDUCATIVA, ESTABLÉCESE O CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES.

DITO CALENDARIO PÓDESE VER EN ARQUIVO ADXUNTO.

DIAS NON LECTIVOS

 DÍAS NON LECTIVOS.

LEMBRAMOS A TÓDOLOS MEMBROS DA COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN FRANCISCO XABIER QUE OS VINDEIROS DÍAS 31 DE OUTUBRO E 3 DE NOVEMBRO SERÁN NON LECTIVOS.

DITA INFORMACIÓN XA FIGURABA NA CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO.

A DIRECCIÓN

NOVA: CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO

 

ADXÚNTASE ARQUIVO COA CIRCULAR DE PRINCIPOS DE CURSO

INFORMACIÓN SOBRE CUESTIÓNS RELACIONADAS CO CALENDARIO E ORGANIZACIÓN DE CENTRO

LISTADOS DE MATERIAL FUNXIBLE_EDUCACIÓN PRIMARIA

 PUBLíCANSE OS LISTADOS DE MATERIAS FUNXIBLES SOLICITADOS AO ALUMNADO DOS DISTINTOS NIVEIS DE EDUC. PRIMARIA.

OS CURSOS QUE NON FIGUREN EN ESTE APARTADO SERALLES FACILITADA ESTA INFORMACIÓN AO PROPIO ALUMNADO NOS PRIMEIROS DÍAS DE CLASE.

Iranse publicando o resto dos listados.

As familias do alumnado dos primeiros curso poderán, o primiro día, traer e subir todo o material as aulas unha vez sexan avisados e despois de que o alumnado faga a entrada e se leve a cabo a súa ubicación nas aulas correspondentes. Dito material deberá vir en bolsa debidamente identificada.

PERIODO DE ADAPTACIÓN. CALENDARIO CURSO 2014-2015

 

   PROCESO DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE TRES ANOS.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN. CALENDARIO.

AULAS DE TRES ANOS. LAZO VERMELLO E LAZO AZUL

NOVO CURSO ESCOLAR 2014-2015. XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER. BENVIDOS TODOS/AS

A partir do luns 1 de setembro o Colexio estará aberto no horario habitual, de 9:00 a 14:00h. Asemade durante os primeiros días iremos publicando toda a información relavante e máis importante. Será bo que todas as familias  estean pendentes dos taboleiros do centro e deste espazo web. Para as primeiras informacións abran os adxuntos que figuran ao final. vOLTA AO COLE

Teremos convocatorias para todas as familias do alumnado dos diferentes niveis para ir facendo un primeiro contacto do curso e ir abordando dúbidas e preocupacións. 

Lembrámoslles que as clases empezan o mércores 10, segundo calendario que estará exposto nos taboleiros do centro e neste mesmo espazo. 

Temos novas relacionadas coa chegada de profesorado, reubicación de espazos e dependencias, arranxos importantes, etc. 

Foi un período vacacional no cal aproveitamos para facer algunhas melloras no noso colexio.

Un cordial saúdo de benvida de parte do equipo directivo así como de todo o profesorado do centro.

 

OUTRA NOVA DESPEDIDA. ADEUS 2013-2014

Neste maravilloso espazo cheo de lembranzas tócanos despedirnos do que durante tantos anos foi "o noso colexio". Dícia Rosalía "Adeus ríos, adeus fontes" e nos engadimos " Adeus CEIP San Francisco Xabier".

Para que na nova etapa e nun futuro próximo poidamos lembar estes momentos aquí temos unha boa escolma de fotos, recordos, amigos/as, mestres, familias... Pinchar aquí.

Tamén aquí. Video 1 e Video 2

Como dixo o director Emilio, sempre teredes un oco nesta vosa casa. Esperamos que nos veñades a ver sempre que poidades e así o desexedes.

BOA VIAXE.

CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015

CALENDARIO ESCOLARCalendario escolar 2014/2015

Xúntase a Orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Publicación prevista no DOG o día 26 de xuño. VER

 

CIRCULAR DE FIN DE CURSO 2013-2014

CIRCULAR

CIRCULAR DE FIN DE CURSO 2013-2014

Ver adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut