Skip to Content

5ºB

Chus Religión. 27 - 30 de Abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

 Canción del rey Salomón:

https://www.youtube.com/watch?v=7QaLnMKQKVM

Actividades interactivas; recordemos la historia de José.

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/06_Religion/datos/rdi/u10/10.htm

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27 -30 abril)

Vai ao blog de Música e:

Na entrada Instrumentos musicais 5º le a información e realiza as actividades.

Continúa practicando a lectura de notas e a última partitura a frauta.

Boa semana!.

Recoxida da proposta do RETO LECTOR da Semana do Libro

Bo día,

Creei un espazo na app Abalar para falar de como foi a realización do reto da Semana do Libro.

Podedes comentar alí o que fixestes, cales foron as vosas dificultades, se vos gustou, etc. Os traballos gráficos (debuxos, posters, caligramas) podedes se queredes escanealos e enviarmos á dirección de correo jesus.aulas@gmail.com para a súa publicación.

Se escribistes algunha narración, enviádema en formato word ou openoffice para a súa corrección. Se me enviades algo desto ao correo, no campo asunto escribide "RETO LECTOR: + actividade de que se trate" para que eu os poida distinguir dos correos das tarefas escolares normais.

Graciñas de antemán a tod@s pola vosa participación. Iremos falando do tema a través do grupo da mensaxería Abalar. Unha aperta enorme para tod@s, Jesús.

Tarefas para a semana do 27 ao 30 de abril.

Bo día xentiña,

A proposta de actividades para esta semana é un pouco máis lixeira que noutras ocasións. Só vouvos pedir dous tarefas.

A primeira ten que ver coa necesidade de COIDAR DO PLANETA TAMÉN DENDE A CASA. Non debemos esquecer que a crise do coronavirus non acaba co problema medioambiental que temos no planeta: quentamento global, presencia de contaminantes, ruína da vida animal e vexetal, desaparición de especies, etc. O problema persiste aínda que nós agora esteamos centrados nun problema máis urxente. Propóñovos unha presentación titulada "Os plásticos no medio ambiente", mirádea ben porque é moi gráfica, di moitas cousas dunha maneira moi descriptiva, e o traballo que vos pido é un traballo escrito en lingua galega de unha páxina como máximo.

Este traballo pode ser un artículo que explique de forma o máis completa posible o problema usando a información que aparece na presentación, ou pode consistir nun artículo de opinión onde expoñades o voso punto de vista sobre esto, ou as vosas suxestións para evitar esta situación, que credes vós que se pode facer para diminuír a cantidade de plástico que acaba no medio ambiente.

Os traballos deben estar ben presentados e usar uns modos de expresión e ortografía axeitados. Unha vez feitos, podedes enviarmos ao meu correo electrónico jesus.aulas@gmail.com. 

segunda consiste nunha actividade de educación plástica. Consiste en facer un comecocos do coronavirus para que vos entreteñades na casa. Só tedes que imprimir o adxunto e seguir as instrucións.

Espero que ambas as dúas tarefas vos gusten. Sería bo sobre todo na primeira que fagamos un poco de reflexión.

Estamos en contacto. Deséxovos unha boa semana. Unha aperta coma un mundo, Jesús. 

Correccións de Lingua Castelá, unidade 8.

Ola a tod@s!!!!

Que tal estades? Espero que todo vos vaia moi ben, principalmente porque a partires de agora podedes saír á rúa e iso é un avance moi grande na nosa situación.

Neste post deíxovos a corrección da unidade 8 enteira do libro de Lengua Castellana para que poidades corrixila de maneira autónoma. De todas formas, xa sabedes que podedes enviarme as tarefas se queredes ao meu correo electrónico e tamén que temos habilitado un espazo no Abalar para resolver as dúbidas de lingua castelá como do resto de materias.

Espero que estas correccións vos sexan de gran axuda.

Lembrade tamén que máis abaixo neste mesmo espazo están as correccións de tarefas máis antiguas das distintas materias, por se vos perdestes algo, mesmo quizá teredes que buscar nos números que aparecen embaixo e que mostran páxinas de entradas. 

Como sempre, moitas gracias pola vosa atención e envíovos unha aperta enorme para tod@s. Deica pronto, Jesús.

Primeiro día no que podemos saír da casa

Hoxe é un día moi especial para tod@s nós. Elmer sábeo e quere compartilo con nós.

HOXE é o primeiro día que podemos saír a rúa despois de 43 días de confinamento na casa. Foi un gran desafío e saímos victoriosos e fixémolo moi ben!! Por iso, Elmer propónvos sacar unha foto o un pequeno vídeo de curta duración para ver como vos sentides e que facedes cando saiades a rúa despois de tanto tempo.

Cando teñades a vosa imaxe ou gravación enviádela ao correo da biblioteca:

bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

O prazo de entrega rematará o día 3 de maio.

Graciñas pola vosa participación e disfrutade do día.

ENGLISH ( 27th-1st May)

1. Lectura capítulos 2 y 3 de "Danger Bugs" : práctica de pronunciación y copiado en la libreta del vocabulario que no sepáis.
2. SPRING POEM: empieza el mes de mayo, el de la poesía. Os adjunto cuatro poemas para que , con ayuda del translator o diccionario , copiéis en vuestras libretas la traducción de uno de ellos.
Después copiáis en un folio en blanco el que más os haya gustado, en inglés y con vuestra mejor letra. Le hacéis un dibujo primaveral, coloreadlo , decoradlo y me lo enviáis. Colgaremos los más bonitos en el blog de la biblioteca.
También podéis inventar vosotros el poema sobre la primavera y traducirlo al inglés. Tendría que tener no más de diez o doce versos.
Venga, animaros!

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 4" (20-25 abril)

Vai ao blog de Música e:

En Linguaxe musical 5º fai a actividade 5.

En Partituras 5º realiza a actividade 4.

IMPORTANTE: As indicacións para a tarefa de cada semana parten de aquí, a páxina web do colexio. Aquí indico cada semana os apartados a visitar no blog de Música, onde van aparecer sempre as actividadas a realizar, e onde tamén aparece o correo electrónico ao que enviar as tarefas.

Os alumnos-as que están vendo esta tarefa e se conectan por primeira vez deben comezar pola tarefa "Queda na casa 1" da primeira corentena. Non hai présa na realización das tarefas pero é recomendable realizalas por orde, xa que están secuenciadas de maneira progresiva para facilitar o bo entendemento por parte dos alumnos-as.

Grazas!.

E.F

Novos enlaces para facer actividade física na casa.  Propóñote o reto de facer a actividade dos vídeos todos os días.  Apúntaste? Ánimo ti podes. Todos os vídeos son diferentes menos os estiramentos. Elixe os enlaces que máis che gusten, estes ou os  anteriores.

Se estás moi cansado o tes  dor  é mellor que pares ata que te recuperes ou ata o día seguinte. Recorda que o exercicio é moi necesario para a túa saúde.

Ademais tedes algunhas propostas no blog de sexto:

http://obloguesextum.blogspot.com/2020/04/valores-para-todos-los-sextos.html?m=1

Programación de actividades do 20 ao 24 de abril.

Matemáticas.

Un. 7. Ap. PROBLEMAS.

Da páxina 129 do libro facemos os exercicios 1, 3 e 4.

Un. 7. Ap. REPASA LA UNIDAD.

Páx. 131, ex. 1, 4, 5 y 6.

Lengua Castellana.

Un. 9. El Gran Pájaro. Lectura y comprensión lectora, págs. 144-147.

Lectura “El Gran Pájaro” págs. 144-146.

Tareas de comprensión de la lectura:

Pág. 147, ej. 1, 2, 4 y 5.

Lingua Galega.

Un. 8. Apartado Aprendín.

Páx. 124, ex. 1, 3 e 5.

Ciencias Sociais.

Un. 3 Ap. REPASA A UNIDADE.

Páx. 63, ex. 39, 40, 41, 43 e 45.

Ciencias da Natureza.

UN. 4. Ap. 4 Organiza as túas ideas.

Copia o esquema das páxinas 76 e 77 e engade exemplos de materiais para cada propiedade como o pide o exercicio 77.

Actividade de procura: busca na rede se hai máis propiedades dos materiais citadas no esquema e engade os seus exemplos no caso de atopar algunha.

ENTREGAS:

Para esta semana podedes ir entregando o resultado da vosa busca de información sobre a escritora Marina Mayoral e as tarefas de Ed. Artística relativa ao mosaico-collage da primavera e ás escalas do sistema métrico decimal a través do meu correo (jesus.aulas@gmail.com), aínda que é voluntario.

Lembrade tamén o desafío da semana do libro, para quen o quera facer.

Coma sempre, moitas grazas polo voso traballo e seguimos en contacto.

Unha aperta moi forte, Jesús.

Distribuir contido


by Dr. Radut