Skip to Content

1ºB

INGLÉS 11-15 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

 Desta vez repasaremos o vocabulario da familia-family. Gustaríame que escoitarades a seguinte canción, penso que vos vai gustar. Pinchade no enlace que vai no adxunto   ou copiade esta dirección no voso navegador: https://www.youtube.com/watch?v=XqZsoesa55w

A continuación, ide ao documento ADXUNTO para realizar a tarefa escrita. (Escribir os nomes dos membros da familia e colorealos como se indica, o resto do debuxo podedes darlle cor ao voso gusto.  Se tedes o voso libro de inglés Big Surprise na casa podedes repasar a Unit 3 que trata sobre estes contidos.

Recordade: Se non dispoñedes de impresora copiade o exercicio nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

Kisses, bye!

E.F

Enlace a tres vídeos sobre hábitos saudables.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 6" (5-8 maio)

Actividades de Educación Física do 5 ao 8 de maio

Para  esta semana, a profe Raquel invítavos a seguir bailando co baile de zumba número 3! Ademais podedes tamén practicar Educación Física con estas actividades tan divertidas! Disfrutade moito e boa semana!

https://www.etapainfantil.com/zumba-ninos

https://youtu.be/ymigWt5TOV8

Tarefas da semana do 5 ao 8 de maio

Boas tardes, aquí están as tarefas desta semana. Se vos animades visitade o Blog de Elmer, hai un vídeo moi chulo cos superheroes e superheroínas que me enviastes. Boa semana :)

INGLÉS 5-8 MAIO

Hello boys and girls! How are you?

Aquí vos deixo as tarefas para seguir traballando un pouco de inglés esta semana.

Gustaríame que escoitarades a seguinte canción, pinchade no enlace ou copiade a dirección no voso navegador: https://www.youtube.com/watch?v=SKZinDI2wkM

A continuación, ide ao documento ADXUNTO para realizar a tarefa escrita. (Colorear o unicornio e colocarlle as palabras coas partes do corpo)

Recordade: Se non dispoñedes de impresora facede o exercicio nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

Kisses,Bye!

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O día 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas.

Este ano dedícase o día a Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro.

Aínda que esta celebración trasládase ao mes de outubro, desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, propoñémosvos que nos contedes como vos sentides estes días, que estades a facer na casa, ou se saíchedes onte que fixéchedes.

Podedes contárnolo facendo un debuxo.  Se algún ou algunha de vós se anima a escribir ADIANTE! Seguro que o faredes xenial!

Os que vos animedes, podedes enviar o voso traballo ao seguinte correo:

 

jesus.aulas@gmail.com

 

Prazo máximo de entrega:22 de maio

Chus Religión. 27 - 30 de Abril.

Ola nenos e nenas!!

Non sabedes que ganiñas teño de volver estar con todos vós outra vez. Pero mentres esperamos un pouquiño mais, queredes lembrar algunha cousiña que tanto nos gustaba facer? Imos aló:

El Arca de Noé (Para niños - Canción Infantil) Pequeños Héroes

https://youtu.be/wgSGZwaU3TI

Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio 1 ¿Dónde Está Mi Oveja?

https://youtu.be/TUlay--1ATQ

David Pequeños Héroes LA SERIE - Episodio vs Goliat.

https://youtu.be/sihr2zLnLcQ

Actividades interactivas:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/70/html/datos/03_rdi/vuelvo_atras2/atras2.htm

TAREFAS DE INGLÉS 27-30 ABRIL

Hello kids! How are you?

Déixovos por aquí, unha semana máis, o que programei para traballar durante os próximos días.

Ide ao Class Book en blinklearning.

 Ao pinchar nel apareceravos á dereita a primeira páxina do libro. Tedes que volver a pinchar sobre a portada do libro en miniatura e  ao lado  desplegarase unha barra azul vertical na que aparecen todas as unidades do libro. Ide a Unit 2 (By the river), apareceranvos en pequeno as páxinas da unidade.

Ide á páxina 16, que é a primeira.  Desta vez repasaremos os animais en inglés.

 Na páxina 16 facede os exercicios 1 e 2 que son de escoitar e na páxina 17 o exercicio 1, onde tamén poderedes escoitar a canción da unidade (icono do vídeo-song).

Logo propoño que fagades a tarefa que aparece no documento adxunto, relacionada coa temática. Tedes que escribir os nomes dos animais e colorealos. Tamén me gustaría que debuxarades o voso animal favorito.

Recordade: Se non dispoñedes de impresora facede os debuxos nunha folla.

Calquera dúbida, consultádeme por Blinklearning ou no correo amparpaz@edu.xunta.gal

Boa semana e ánimo.

 

Kisses,Bye!

 
What do you want to do ?

New mail

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 5" (27-30 abril)

A tarefa desta semana atópase no seguinte enlace:

https://musicavitaminica.blogspot.com/2020/03/tarefa-queda-na-casa-2-curso-1.html

Grazas!.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut