Skip to Content

3º Ciclo de Ed. Primaria

SOLUCIONES TAREAS CUARENTENA

TAREFAS SEMANA 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

As tarefas están publicadas no blogue da clase así como as solucións xerais das tarefas anteriores. 

Ánimo e saúdos.

 

 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS PROGRAMA TEI

Hoxe tivo lugar no noso centro o acto de entrega de diplomas do programa TEI (Titoria entre Iguais).

Os nenos e nenas de 5º e de 3º de EP  son os protagonistas da mellora da convivencia, converténdose uns en titores/as e outros en titorizados/as.

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte, poñendo en valor coa súa presenza a importancia deste programa .

  • Alcaldesa de A Coruña: Dona Inés Rey
  • Inspector Xefe: D Iván Mira
  • Concelleiro de Educación: D Jesús Celemín
  • Director do CFR: D Emilio Veiga
  • Xogadoras do Deportivo: Iris e Nuria  

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, así como ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso  fan posible levar adiante este programa

Varios medios de comunicación fanse eco da noticia:

Acto Tei

RC Deportivo

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

Cadena Ser

Visita Ana Torres Jack

No noso colexio participamos no programa prensa-escuela, de La Voz de Galicia, e gran parte do alumnado de 6º e das familias son lectores asiduos de “La Voz de la Escuela”.

O venres pasado, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Torres Jack, a quen agradecemos que aceptase a nosa invitación, pois unha gran parte deste alumnado e das súas familias, son asiduos seguidores dos seus artigos en “La Voz de la Escuela”.

 Foi unha xornada especial, na que Ana foi entrevistada polas alumnas, e deunos consellos e orientacións sobre distintos temas que os rapaces e rapazas lle prantexaron: desde como afrontar o inicio na ESO,  técnicas de estudo, os perigos dos videoxogos, … respostou todas as preguntas que lle tiñan preparadas, cando nos dimos conta xa era hora de marchar.

Moitas grazas Ana!!!!

 

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

 

 

VISITA DE ASOTRAME

Un ano máis, contamos ca visita  dos membros de ASOTRAME: Asociación de Galega de Trasplantados de Médula Ósea.

As rapazas e rapaces de 5º de EP, tiveron a oportunidade de recibir unha charla didáctica e informativa sobre un tema tan importante como este, desde unha perspectiva sensible e cercana,  e así poder coñecer a campaña que están a realizar.

No corredor da planta baixa do centro hai unha pequena exposición itinerante que informa e sensibiliza sobre a doación de médula ósea.

Esta exposición pode ser visitada, e se pinchades aquí, veredes unha pequena mostra da mesma.

Asimesmo, a asociación conta cun blog escolar onde recolle e publica os traballos realizados polo alumnado dos centros ós que acuden. Pinchando na seguinte ligazón pódese acceder ó mesmo.

Grazas á asociación, así como ós membros que acudiron ó colexio polo seu traballo e solidaridade.

 

 

 

Desde Asotrame agradecen a colaboración de todo o alumnado do centro, e envían a ligazón onde están publicados os traballos presentados polo alumnado do centro. Pinchar aquí

 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

Educación vial: unha multa, unha flor

As alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio participaron nunha iniciativa de educación vial : Unha multa, unha flor.

Esta actividade desarrollada pola sección de Tráfico da Policía local e dirixida por Silvia Castro, ten como obxectivos fomentar a mobilidade sostible e a actuación correcta de peóns e conductores.

Os nosos rapaces e rapazas saíron á rúa a observar as distintas actuacións, e non dubidaron en premiar con flores de papel (feitas por eles mesmos) cando as persoas realizaban accións sostibles, ou en cursar denuncias ficticias cando  consideraban que había unha infracción.

A actividade foi un éxito, tanto polo valor en educativo como polo entusiasmo que mostrou o alumnado.  Queremos agradecer a Silvia a súa implicación, que contribuiu ó éxito da actividade.

A noticia pulicouna La Opinión de A Coruña e pódese consultar  pinchando aquí

REUNIÓN PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS

https://lh4.googleusercontent.com/AkCZpRCD0T_zuVwEx15vL-6q7s4MEndN59Y9qj2CHALc7cmmKLHiujoNE4ToNwBOHnNa93zeZrHPGJblKocwkt5rgvNKtvBAXiTpJNqvbTrmcnRa5GK_q_r9yb9x2cXpxKaYchzB

Por segundo curso, participamos no proxectoTEI, programa de Titoría Entre Iguais, que se caracteriza por ser unha estratexia preventiva de participación e intervención na convivencia no centro.

Entre os obxectivos do programa figuran facilitar o proceso de integración do alumnado, previr as situacións de acoso escolar, favorecer a autoestima e diminuir a inseguridade, de espazos e organización descoñecidas, integrando a TOLERANCIA CERO no centro.

Este ano incorporaránse os novos grupos de 3º e 5º de EP, e continuarán os de 4º e 6º EP. 

Dada a importancia do programa, invitamos ás familias do alumnado destes niveis á reunión informativa  sobre o mesmo, que terá lugar, o vindeiro luns 21 de xaneiro, ás 18:00 horas no Salón de Actos  do colexio.

ENQUISA TEI-5º PRIMARIA.

     ENQUISA PARA REALIZAR O ALUMNADO DO 5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. TEI, "SOMOS VALENTES"

Débedes de pincahar aquí para acceder á mesma. Pinchade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut