Skip to Content

Taboleiro

LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos o Día das Letras Galegas.

 

 

BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2021

A Comunidade Educativa do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER quere desexarvos unhas Felices Festas e mellor Ano Novo, cheo de saúde e no que se cumpran os mellores desexos!!.

Autores-as : Covadonga Somorrostro (6ºA), Isamar (3ºB), Javier Barbé (3º A) e Vega Reboredo (5º A)

No seguinte vídeo recollense todas as felicitacións do noso alumnado: FELICES FESTAS!!!.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

ACTO ENTREGA DIPLOMAS PROGRAMA TEI

Hoxe tivo lugar no noso centro o acto de entrega de diplomas do programa TEI (Titoria entre Iguais).

Os nenos e nenas de 5º e de 3º de EP  son os protagonistas da mellora da convivencia, converténdose uns en titores/as e outros en titorizados/as.

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte, poñendo en valor coa súa presenza a importancia deste programa .

  • Alcaldesa de A Coruña: Dona Inés Rey
  • Inspector Xefe: D Iván Mira
  • Concelleiro de Educación: D Jesús Celemín
  • Director do CFR: D Emilio Veiga
  • Xogadoras do Deportivo: Iris e Nuria  

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, así como ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso  fan posible levar adiante este programa

Varios medios de comunicación fanse eco da noticia:

Acto Tei

RC Deportivo

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

Cadena Ser

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

Día da Paz e Non Violencia

 

Hoxe celebramos no noso centro o Día Escolar da Paz e Non Violencia.

Trátase dunha data especial, onde lembramos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto ós Dereitos Humanos , a non violencia e a paz.

O acto foi entrañable e emotivo, participando toda a comunidade educativa: alumnado, familias, persoal docente e non docente,…

Comezou ca lectura  dun manifesto pola Paz,  mensaxes  e cantamos unha canción en Lingua de Signos, finalizamos ca entrega dos xoguetes que tan xenerosamente donastes a María, a representante da ONG “Miradas ó Mundo”

Queremos agradecer a colaboración  a todo o profesorado e membros da Comunidade Educativa .  

Pódese acceder a unha galería de fotos do acto pinchando aquí.

La Opinión de A Coruña recolle a noticia, pódese acceder pinchando  na seguinte ligazón : https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2019-01-30-149960-alumnos-colegio-francisco-javier-participan-actos.html

E tamén no seguinte enlace: https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2019-01-30-164674-comunidad-escolar-celebra-violencia.html

 

 

 

 

ENQUISA TEI-5º PRIMARIA.

     ENQUISA PARA REALIZAR O ALUMNADO DO 5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. TEI, "SOMOS VALENTES"

Débedes de pincahar aquí para acceder á mesma. Pinchade

 

ASOTRAME: ENTREGA PREMIOS

 HOXE TIVEMOS A VISITA DOS VOLUNTARIOS DA ASOCIACIÓN ASOTRAME PARA PROCEDER A ENTREGA DOS PREMIOS E  CERTIFICADOS DE PARTICIPACIÓN AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EP.

RESULTOU FANTÁSTICO.

¡MOITAS GRAZASSSSSSSSSS!

PARA VER FOTOS. Pinchar aquí

HOXE FALAMOS CON ASOTRAME

 HOXE DÍA 4 DE DECEMBRO É UNHA DATA IMPORTANTE NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER. 

HOXE VISÍTANNOS OS MEMBROS DA ASOCIACIÓN "ASOTRAME" - Asociación galega de Transplantados de médula ósea - .

IMOS TER A OPORTUNIDADE DE PODER FALAR DA CAMPAÑA QUE ESTÁN A MOVILIZAR E PODER COMPARTIR CON ELES E ELAS TODA INFORMACIÓN SOBRE UN TEMA TAN IMPORTANTE DENTRO DO CAMPO DA SAÚDE E DO VALOR DA PREVENCIÓN.

DÁMOSLLES AS GRAZAS POR COMPARTIR CON NOS COMO PRIMEIRO CENTRO DE A CORUÑA QUE VISITAN.

SI QUEREDES VER OS CARTEIS DA CAMPAÑA ESTADES INVITADOS A PASAR POLO COLEXIO. TAMÉN TEDES AQUÍ UN ADIANTO. Pinchar

ÁNIMO E ACOMPAÑÁDENOS NESTA VIAXE TAN ESPECIAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut