Bo día,
A continuación engado as actividades para esta semana por materias.
Matemáticas
Da ficha de repaso da unidade 7 as tarefas da 1 á 6. Documento adxunto embaixo.
Lengua Castellana
Trabajamos con una ficha de lectura sobre la antigua China. Documento adjunto abajo.
Lingua Galega
Do libro de lingua, Apartado Para ler máis
A historia de Picasso (lectura da páx. 126 á páx. 128).
Comprensión lectora páx. 129 exercicios 1, 2 e 3.
Ciencias Sociais
Traballo para dúas semanas: visualizade estes vídeos para botar unha ollada á unidade 4 do libro titulada A cidadanía europea e escribide un resumo baseado nuns puntos similares aos que ten a unidade do libro. Este resumo ten que ocupar como máximo dúas páxinas, levará o título de “A UNIÓN EUROPEA” e terá que levar os seguintes apartados:
1) a xeografía do continente europeo.
https://www.youtube.com/watch?v=lPaoQPrM5YU
2) que é a Unión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=jSXTGQzQSqQ
https://youtu.be/s1L1QHWSp7E
3) a historia da Unión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=rgitH89_yw8
4) a poboación da Unión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=gJFiG19-j8o
5) que significa ser cidadán europeo?
https://www.youtube.com/watch?v=gqrMLmKvqpE
https://youtu.be/fDqNJJH-NvE
Engado vídeos para cada apartado, aínda que podedes empregar tamén informacións do libro para facer este resumo. O traballo terá que estar escrito en lingua galega.
Consello: como hai moita información, seleccionade aquilo que vos pareza máis rechamante, non tentades de incluír todo, pois non será posible.
Ciencias da Natureza
Unidade 4 Apartado Repasa a unidade
Páx. 78, ex. 22, 23, 24, 28, 29 e 30.
Moitas grazas pola vosa atención e polo voso traballo. Espero que esteades tod@s ben e vémonos mañá. Unha aperta afectuosa, Jesús.