Estimadas familias:
Despois dun curso tan peculiar, cheo de moitas emocións e moitos moitos cambios , queremos desde o equipo de 2º de primaria felicitar ás familias polo esforzo, confianza, comprensión e colaboración amosada durante todo o curso.
Sabemos que foi un enorme esforzo para todos e todas esta “nova normalidade escolar”, pero especialmente para os nosos pequenos e pequenas, que o fixeron estupendamente e foron sen dúbida os que mellor se adaptaron ás novas normas.
Por todo este enorme traballo chegou o momento do descanso, de felicitar e valorar o seu esforzo e de desfrutar do verán.
Pero como “augafestas profesionais” está no noso deber mandar unha serie de consellos e recomendacións para manter un bo ritmo de traballo cara o vindeiro curso, seguir entrenando o cerebro e nalgún caso repasar contidos que van algo frouxos.
Aquí van as nosas recomendacións para os nenos e nenas:
Le, en voz alta e silenciosamente todos os dias un pouco (libros cómics, revistas, etc.)
□ Segue entrenando nas libretas (especiamnte na cuadriculada), con copias curtas ou ditados.
□ Practica a escritura creativa (inventa historias, escribe un diario, crea relatos locos, inventa chistes, etc).
□ Se precisas fichas de reforzo podes imprimir e traballar no caderno de verán que deixamos aquí en adxuntos.
□ Podes xogar a xogos educativos online como os que aparecen na páxina www.cristic.com, por exemplo, supervisado por un adulto.
□ Podes pedir que che descarguen nunha tablet aplicacións de repaso coma estas : (algunhas conteñen demasiados anuncios pero non atopamos ningunhas sen eles)
o Para practicar un pouco de todo APP PUPITRE de Santillana.
o Para repasar lengua: LENGUAJE 7 AÑOS de The city of the apps.
o Para repasar mates: MATES 7 años, de The city of the apps.
o Para aprender a pintar: DIBUJO FÁCIL DE KAWAII: CÓMO DIBUJAR PASO A PASO. De Better Life - Color and Draw
o Para practicar o reloxo:CLOCKED CLOCK de merakName
o Repasar os euros CONTAR DINERO MONEDAS EURO de Boriol
□ E, se podes, non deixes de facer estas cousas tan guais:
o Aprender a xogar a un xogo de mesa ou de cartas novo.
o Facer limoada caseira e tomala ben fresquiña.
o Mirar as estrelas un bo rato.
o Coidar a vosa planta.
o Tirarse nunha piscina salpicando todo o posible.
o Ver fogos artificiais.
o Fai deporte, canta, baila, etc.
o Guerra de globos de auga.
o Busca formas nas nubes.
o Superar o teu record en altura de castelo de area.
o Non tirar nunca nada de basura ao chan, nin na praia ou campo.
o Aprende a facer algunha receita de cociña, se é saudable moito mellor.
o Dar todos os días a lo menos un abrazo.
o Ocuparse dalgunha tarefa da casa (ti tamén vives aí).
o Di todas as veces que o precises QUÉROTE MOITO.
o SÉ MOI MOI FELIZ.
Desexamos de todo corazón que pasarades un curso estupendo e que disfrutedes das vacacións.
Con moito cariño
As profes de 2º