Skip to Content

Novas

ADMISIÓN ALUMNADO. RESERVA DE PRAZA IES (6º EP)

Informamos de que se abre o prazo para a reserva de praza no centro de adscrición para o curso 2023-2024.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abarcará do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluidos.
  • Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Normativa de aplicación:

Orde do 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

BO NADAL E FELIZ 2023!!

A Comunidade Educativa do San Francisco Javier, quere desexarvos un Bo Nadal e Feliz 2023!!!

Grazas a todas as alumnas e alumnos que participastes cas vosas postais, e que hoxe se ven representadas por  Noa, Miguel,Sara e Néstor !!!

 

CIRCULAR INFORMATIVA: ENTRADAS E SAÍDAS 2023

CIRCULAR INFORMATIVA ENTRADAS E SAÍDAS 2023

OS LÉVEDOS: SERES MINÚSCULOS CUNHA IMPORTANCIA MAIÚSCULA

O pasado 1 de decembro visitáronnos dúas biotecnólogas. Detrás deste nome un tanto complicado está o estudo dos lévedos, que están presente no noso día a día.

PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

Despois do parón da pandemia, retomamos o programa TEI,  un programa de gran tradición no colexio (desde o curso 2017) cuxo obxectivo e a prevención da violencia e do acoso escolar. Onte presentámolo ás familas de 5º e 3º EP.

O TEI pon en contacto aos nenos e nenas de 5ºEP, que exercerán de titores-as, co alumnado de 3ºEP, que serán os seus titorizados-as.

Cando xurda unha conduta inapropiada da que o alumno/a de 3ª é a víctima, recurrirá ao seu titor/a de 5º para que entre os tres intenten resolver o problema.

Este tipo de actividades prepara ao alumnado para a vida e exercita as súas habilidades sociais para previr problemas de convivencia no futuro.

 

25 DE NOVEMBRO, POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O venres 25 de novembro, conmemoramos nun acto de centro o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Levamos a cabo variadas actividades para a visibilización e a concienciación nas diferentes etapas, retomando os obradoiros de igualdade realizados a comezo de curso.

O alumnado elaborou murais, debuxos, leu contos e aprendeu a canción "La puerta violeta" de Rozalén.

Podedes ver todas as fotos do día na galería da páxina web. 

SAMAÍN

O pasado venres celebramos o Samaín: disfrazámonos, divertímonos, vimos as cabazas que estaban expostas, fixemos actividades dixitais...., e aquí deixamos unha mostra  do noso día.  

O periódico La Opinión Coruña, veu visitarnos e fíxose eco da nosa terrorífica xornada!! Podedess ler a noticia premendo na seguinte ligazón aquí

NOVAS ENTRADAS E SAÍDAS DURANTE AS OBRAS DE ACCESIBILIDADE

Estimadas familias,

Desde o Concello, infórmannos que se van a realizar obras de mellora á accesibilidade na contorna do noso colexio. O comezo das mesmas está previsto para o luns 7 de novembro. Indícannos que non se vai poder facer uso das entradas ó centro situadas na Rúa Roberto Tojeiro mentres duren as mesmas (calculan 8 semanas).

Isto repercute directamente na organización das entradas e saídas do alumnado do centro que se van ver modificadas por motivos de seguridade ata que finalicen as obras, momento no que se volverán a realizar como ata agora.

A organización de entradas e saídas a partires do luns 7 de novembro (inclusive) serán as seguintes:

ENTRADAS EDUCACIÓN INFANTIL

PORTA DE ACCESO

Porta e portalón situados en Ronda de Outeiro e Pérez Ardá.

FILAS

Porche

HORARIO APERTURA PORTAS

9:00 HORAS (poderán acceder unha vez que teña entrado o alumnado de Educación Primaria)

 

HORARIO ENTRADA

CLASES

9:00 HORAS (5º e 6º EI)

9:05 HORAS (4º EI)

SAÍDAS EDUCACIÓN INFANTIL

PORTA DE ACCESO

E SAÍDA

PORTA RONDA DE OUTEIRO

13:50

4º EI

13:55

5º EI E 6º EI

 

ENTRADAS EDUCACIÓN PRIMARIA

(non se permite  acceso adultos salvo circunstancias excepcionais)

PORTAS DE ACCESO

Porta e portalón situados en Ronda de Outeiro e Pérez Ardá.

FILAS

·       

1º e 2º EP : porche

·       

3º, 4º, 5º e 6º : pista cuberta

 

HORARIO APERTURA PORTAS

8:55 HORAS

HORARIO ENTRADA CLASES

9:00 HORAS

SAÍDAS EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1º , 2º EP e 3º EP

PORCHE DO CENTRO

AS FAMILIAS ENTRARÁN A RECOLLER Ó ALUMNADO NO PORCHE.

 

4º EP, 5º EP e 6º EP

Ronda Outeiro cruce con Pérez Ardá

 

Agradecemos como sempre, e como non pode ser doutra forma,  a vosa colaboración,  que nos permite e facilita que todo saia ben.

Grazas e recibide un cordial saúdo.

Equipo Directivo

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas, promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte. 
O alumnado pode visitar este espazo informativo e de lectura e achegarse a ver a decoración da entrada que fixo o Equipo de Biblioteca Escolar.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Informamos que de conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 30 de setembro de 2022) realizarase proximamente neste centro a renovación do Consello Escolar.

O vindeiro mércores 26 de outubro, ás 11:45 horas procederase ó sorteo para a designación da Xunta Electoral, conforme indicamos en documento adxunto. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut