Skip to Content

Secretaría

Secretaría

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

ORDE de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 16 maio 2023)

Actividades lectivas: dende o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

Vacacións escolares:

– Nadal: dende o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

– Antroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

Días non lectivos:

1.      

Festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local.  

2.      

Día do Ensino: 7 de decembro de 2023.

3.      

Días non lectivos de libre elección por parte dos consellos escolares dos centros: Solicitáronse e están pendentes de autorización por parte da xefatura territorial, as seguintes datas: 13 de outubro de 2023 e 20 de maio de 2024.

Calendario Escolar

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

O 20 de maio será día non lectivo


PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS CURSO 2018-2019

POLA PRESENTE PROCÉDESE A PUBLICAR POR ESTE MEDIO OS LISTADOS DEFINITIVOS

RESULTANTES DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019. Ver PDF

Lembrar que tal e como contempla a normativa esta publicación contempla o sinalado no art. 31 da Orde 12-03-2013

PROGRAMA BOLSA COMEDOR-CONCELLO DA CORUÑA

 

 

 

 

 

Co rogo da súa difusión:

 
Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Atentamente
Programa municipal de traballo con familias
Tfno: 981 18 42 00, ext 33040

 
 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, CURSO 2018-19

           ESCOLARIZACIÓN 2018-2019

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018

Novas:

  • Toda a información do proceso irase colgando neste espazo informativo. Xunto co taboleiro sito no pórche serán os espazos oficiais de información do proceso de escolarización.
  • O listado de vacantes de alumnado 2018-2019 estará exposto neste lugar e no taboleiro do centro a partir do día 1 de marzo.
  • A data da Xornada de Portas Abertas figura nun dos adxuntos. Probablemente será nos primeiros días do mes de marzo nunha xornada de tarde. Dende ahí poderase abrir.
  • Información no Portal Educativo da Conselleríahttp://www.edu.xunta.gal/portal/node/24215

 

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2016-17

RECENTEMENTE FORON REMITIDOS AO CENTRO DENDE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U OS RESULTADOS DA PROBA DE DIAGNÓSTICO (3º EP) DO ALUMNADO DESTE CENTRO REALIZADA NO PASADO CURSO 2016-17.

POR ISTO, COMUNÍCASE, A TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE DESEXEN TER O INFORME INDIVIDUALIZADO DO SEU FILLO-A DEBERÁN PROCEDER A SOLICITALO AO SEU TITOR DO CURSO ACTUAL 4º EP. 

PARA TAL FIN RÓGASE SE LLE ACHEGUE ESA COMUNICACIÓN CON TEMPO PARA QUE POIDA DISPOR DUNHA TITORÍA AOS EFECTOS.

 

 

CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO

 

PUBLÍCASE A CIRCULAR DE PRINCIPIOS DE CURSO NA CAL SE INCLÚE A INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO, O PROFESORADO, SO PERÍODOS NON LECTIVOS DO CALENDARIO ESCOLAR ASÍ COMO OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE.

RÓGASE A SÚA LECTURA ATENTA E SE CONSERVE ESTE DOCUMENTO PARA O RESTO DO CURSO POR BRIMNDARNOS INFORMACIÓN BÁSICA.

CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE NIVEL COAS TITORÍAS

PUBLÍCANSE AS DATAS DAS REUNIÓNS DAS TITORÍAS COAS FAMILIAS SEGUNDO O NIVEL CORRESPONDENTE TAL E COMO SE COMUNICOU NAS REUNIÓNS XERAIS DE PRINCIPIOS DE CURSO.

POLA IMPORTANCIA DAS TEMÁTICAS A TRATAR NAS MESMAS RECOMÉNDASE A ASISTENCIA DE TODAS AS FAMILIAS.

 

4º de EDUC. INFANTIL: 7 de setembro ás 12:00 h
5º de EDUC. INFANTIL: 18 de setembro ás 16:00 h
6º de EDUC. INFANTIL: 25 de setembro ás 16:00 h
1º de EDUC. PRIMARIA: 9 de outubro ás 17:00 h
2º de EDUC. PRIMARIA: 9 de outubro ás 17:00 h
3º de EDUC. PRIMARIA: 2 de outubro ás16:00 h
4º de EDUC. PRIMARIA: 30 de outubro ás16:00 h
5º de EDUC. PRIMARIA: 23 de outubro ás 16:00 h
6º de EDUC. PRIMARIA: 16 de outubro ás 16:00 h

NOVAS DE COMEZO DE CURSO 2017-2018. BENVIDOS A TODOS E TODAS

 

ANTE O INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR 2017-2018 PROCÉDESE A PUBLICAR, NESTES PRÓXIMOS DÏAS,  NOVAS IMPORTANTES CARA AO INICIO DE CURSO: CONVOCATORIAS DE REUNIÓNS, HORARIOS ENTREGA MATERIAIS, HORARIOS DE INICIO DE CLASES...

APROVEITAMOS DENDE O CEIP SAN FRANCISCO XABIER PARA DESEXARLLES A TODOS E TODAS OS MEMBROS DA COMUNIDADE ESCOLAR UN BO INICIO DE CURSO E EMPRAZÁMOSLLE PARA ACOMPAÑARNOS AO LONGO DE TODO O ANO.

TAMÉN COMENTAR QUE TEREMOS UN INICIO DE CURSO UN TANTO ATAREFADO POR TEMAS VARIOS QUE SERÁN TODOS ELES EXPOSTOS NAS REUNIÓNS COAS FAMILIAS QUE FIGURAN PUBLICADAS NOS CARTEIS ADXUNTOS.

 

BENVIDOS...BIENVENIDOS...BENVINGUTS...ONGI ETORRRI...WELLCOME...BIENVENUE...BIENVENUS...WILLKOMMEN...BEM-VINDO...

LISTADO DE AXUDAS DE FONDO LIBROS

PÚBLICANSE OS LISTADOS PROVISIONAIS  DO PROGRAMA FONDO LIBROS DO CEIP SAN FANCISCO XABIER.

NOTAS:

  • na relación figuran todos os solicitantes.
  • Asemade comunícase que os cheques correspondentes ao programa de "Axudas libros e materiais" serán entregados os días 7-10-11 de xullo en horario de 09:30 a 13:00.Aqueles que non sexan recollidos nestas datas poderán facelo a partir do día 4 de setembro.
Distribuir contido


by Dr. Radut