Skip to Content

Orientación

CONTOS PARA VENCER O VIRUS

Nas redes sociais atopamos este conto que nos explica de forma sinxela e amena, acompañada dun pouco de papiroflexia, como podemos acabar co virus entre tod@s. Dende aquí agradecemos á autora descoñecida este conto tan bonito.

No seguinte conto, o monstruo de cores axúdanos a entender as nosas emocións.

Para ver os videos, PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES:

ORIGAMI

 O MONSTRUO DE CORES E O CORONAVIRUS:

monstruo de cores

MISIÓN: QUEDAR NA CASA

Para ver os consellos dun psicólogo sobre o modo de enfocar a cuarentena de forma constructiva,

PINCHA NA IMAXE SEGUINTE:

 

PAUTAS DE ACTUACIÓN PARA PERSOAS CON TEA ANTE O AILLAMENTO POR CORONAVIRUS

© Aspanaes vén de publicar na súa web estas "Pautas de actuación para persoas con TEA ante o confinamento por coronavirus" que podedes descargar premendo na imaxe:

aspanaes pautas TEA

MOITOS DÍAS NA CASA

Para evitar que o virus se extenda debemos quedar na casa e os días pasan…

Non estamos de vacacións, por iso é importante non perder o contacto cos libros e os traballos escolares, porque no momento en que a situación se normalice regresaremos ás aulas e o curso continúa.

A responsabilidade e o reto dos pais é conseguir que os nenos cumpran uns horarios, que non se perdan as rutinas e os hábitos de estudo ao tempo que se distraen, manteñen hábitos saudables de alimentación e sono e, por descontado, tamén xogo e exercicio.

¿Cómo conseguilo? Pincha na ligazón:

CONSELLOS PARA DÍAS SEN COLE

TOODO SALDRA BIEN

ROSA E O CORONAVIRUS

Este conto está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 e 10 anos e o seu obxectivo é axudar a comprender dunha forma sinxela aos máis pequenos,  acompañados dos seus pais, que é un virus e como xestionar as súas emocións. Foi elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid en colaboración coa editorial Sentir.

Podedes acceder nesta ligazón: ROSA CONTRA O VIRUS

 

 

 

 

 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS PROGRAMA TEI

Hoxe tivo lugar no noso centro o acto de entrega de diplomas do programa TEI (Titoria entre Iguais).

Os nenos e nenas de 5º e de 3º de EP  son os protagonistas da mellora da convivencia, converténdose uns en titores/as e outros en titorizados/as.

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte, poñendo en valor coa súa presenza a importancia deste programa .

  • Alcaldesa de A Coruña: Dona Inés Rey
  • Inspector Xefe: D Iván Mira
  • Concelleiro de Educación: D Jesús Celemín
  • Director do CFR: D Emilio Veiga
  • Xogadoras do Deportivo: Iris e Nuria  

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, así como ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso  fan posible levar adiante este programa

Varios medios de comunicación fanse eco da noticia:

Acto Tei

RC Deportivo

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

Cadena Ser

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

REUNIÓN PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS

https://lh4.googleusercontent.com/AkCZpRCD0T_zuVwEx15vL-6q7s4MEndN59Y9qj2CHALc7cmmKLHiujoNE4ToNwBOHnNa93zeZrHPGJblKocwkt5rgvNKtvBAXiTpJNqvbTrmcnRa5GK_q_r9yb9x2cXpxKaYchzB

Por segundo curso, participamos no proxectoTEI, programa de Titoría Entre Iguais, que se caracteriza por ser unha estratexia preventiva de participación e intervención na convivencia no centro.

Entre os obxectivos do programa figuran facilitar o proceso de integración do alumnado, previr as situacións de acoso escolar, favorecer a autoestima e diminuir a inseguridade, de espazos e organización descoñecidas, integrando a TOLERANCIA CERO no centro.

Este ano incorporaránse os novos grupos de 3º e 5º de EP, e continuarán os de 4º e 6º EP. 

Dada a importancia do programa, invitamos ás familias do alumnado destes niveis á reunión informativa  sobre o mesmo, que terá lugar, o vindeiro luns 21 de xaneiro, ás 18:00 horas no Salón de Actos  do colexio.

MERCADILLO DE MIRADAS AO MUNDO 2018

 ESTE ANO COMO NOS ANTERIORES E CHAGADAS ESTAS DATAS DE FINAIS DE CURSO CELEBRAMOS O NOSO TRADICCIONAL MERCADILLO SOLIDARIO COA COLABORACIÓN DA ONG CORUÑESA "MIRADAS AO MUNDO".

E UNHA SATISFACIÓN COMO EDUCADORES VER A IMPLICACIÓN DO ALUMNADO TANTO COLABORADOR COMO PARTICIPANTE NA ADQUISICIÓN DOS MÁIS DE 200 ARTIGOS QUE SE EXPUXERON. DESTACAR OS HABALORIOS AFRICANOS QUE TANTO ÉXITO TIVERON ENTRE PEQUENOS E MAIORES.

Para ver fotos pinchade aquí.

A VISITA DOS BOLECHAS AO CEIP SAN FRANCISCO XABIER.

   HOXE, DIA 16 DE MARZO, TIVEMOS A VISTA DA FAMILIA BOLECHAS. COA COMPAÑÍA DE Dª  BEATRIZ MATO  OTERO, CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA, PRESENTARON UNHA COLECCIÓN DE CONTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE E SOSTENTABILIDADE.

TAMÉN NOS ACOMPAÑARON

 

-D. Ovidio Rodeiro Tato, Delegado Territorial da Xunta en Coruña

-D. Roberto Rodríguez Martínez, Director de Augas de Galicia

-D. Javier Domínguez Lino, Presidente de Sogama

 

RESULTOU UN DÍA FANTÁSTICOOOOOOOOO.

PARA VER FOTOS. Pinchade aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut