Skip to Content

CAMPAÑA SOLIDARIA

Un ano máis o CEIP San Francisco Javier colaborou co Banco de Alimentos Rías Altas na campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas mais necesitadas e vulnerables da nosa cidade.  

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, xenerosidade e solidaridade, o que permitiu entregar hoxe tres caixas cheas de alimentos a dita entidade. 

GRAZAS!!!!

 

                       

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA

Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario. 

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que

cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 11:15 e de 12:30 a 13:30

  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ámbolos dous incluidos.

  • DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II. 

Ligazón á orde do  6 de novembro, pinchar aquí.

Anexos I, Anexo II pinchar aquí

As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. 

 

 

INFORMACIÓN

Estimadas familias:

O Equipo Directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias no momento no que se reciba a notificación dun caso confirmado positivo.

Ante un posible positivo, seguiranse as canles de comunicación que establece o protocolo. Será a Xefatura Territorial de Sanidade, quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará cas familias que puideran estar afectadas.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

Atentamente

Equipo directivo e Equipo COVID.

BLOG DA BIBLIOTECA

Ola a todas e a todos!! 

O blog de Elmer, segue a traballar e a publicar día a día novas de actualidade, efemérides, actividades interesante e divertidas, vídeos, e un sin fin de propostas amenas e entretidas, non deixedes de visitalo. 

E agora,ademáis ten instagram!!!

Se queredes seguilo podedes facelo a través da seguinte ligazón: 

https://www.instagram.com/elmernacubela

PARTICIPACIÓN VII CARREIRA ENKI

Estimadas familias, 

Un ano máis ENKI quenta motores, e entre o 5 e o 10 de outubro deste ano, ponse en marcha a maior carreira pola inclusión de Galicia. 

Este ano imos a participar como centro, desde 5º EI ata 6º EP, adaptándonos á nova realidade que estamos a vivir. 

Detrás de ENKI está a Fundación Abrente, que traballa por un mundo máis inclusivo a través do deporte, dende o ano 2013 e que ten como obxectivo principal o de dar a coñecer a diversidade funcional. 

Por iso, dende o cole queremos fomentar estos valores que ENKI nos transmite e organizar unha carreira na que participe todo o centro e baixo o lema “#Jugamosencasa”. Nela, o alumnado levará un dorsal creado no centro e participará nunha carreira de obstáculos que terá lugar en horario escolar. 

Ademais, como familias podedes participar e inscribirvos de xeito totalmente voluntario. Toda a información está na súa páxina web: www.enkiproyecto.com

De optar pola inscripción, indicar o nome do neno ou da nena e o nome do colexio. 

Independentemente de facer ou non a inscrición e o pagamento, o alumnado participará igualmente na carreira, cos dorsais que lle entrega o colexio. 

Reciban un cordial saúdo. 

AVISO FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias ,

Comunicamos que a partires do luns 28 de setembro  o horario de entrada  para o alumnado de EI será o seguinte:

5º e 6º de EI: ás 9:05 h

4º EI: ás 9:10 h

O horario de saídas segue a ser o mesmo para 5º e 6º de EI (13:40 h)  e 4º EI sairá ás 13:30h.

Recordamos a importancia de manter a distancia de seguridade e de evitar aglomeracións fora do recinto.

Grazas pola súa colaboración. 

AVISO IMPORTANTE INCORPORACIÓN /SAÍDA DO CENTRO FORA DO HORARIO ESTABLECIDO

Estimadas familias,

Este curso o alumnado accederá e sairá do centro no horario establecido.

Se tivesen unha cita médica ou causa xustificada que obriga a entrar ou saír dentro do horario lectivo, deberá ser preferentemente nas horas indicadas a continuación: 

 Educación Infantil: de 11:00 h a 11.10 h.

 1º, 2º e 3º Educación Primaria : de 11:30 a 11:40 h.

 4º, 5º e 6º Educación Primaria: de 11:55 a 12:05 h.

Deberase avisar ó profesor-a titor-a día anterior por abalarmóbil, que servirá como xustificante.

É importante que se alguén cambiou de número de teléfono móbil informe ó titor-a canto antes.

Grazas de novo pola súa colaboración.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Estimadas familias,

Queremos darlle os parabéns ós nenos e nenas que hoxe se incorporaron ó curso e agradecervos a vosa colaboración que fai contribue a que todo saia xenial!!

Lembramos, que mañá incorporanrase todos os cursos, polo que é fundamental a puntualidade, o cumprimento das normas e seguir as indicacións do profesorado. É importante evitar aglomeracións e que cada curso entre no seu turno, mañá os primeiros serán os de 6º EP, 3º e 4º entrarán despois.

As familias que teñen irmáns no centro (só nos casos de irmáns de EP que teñen entrada no mesmo horario por portas diferentes) poden solicitar incorporarse no horario do irmán maior. O procedemento será enviar un correo electrónico ó ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal , indicando en asunto: Incorporación de irmáns, e no corpo da mensaxe o nome e apelidos de cada un deles así como o curso no que están escolarizados.

Comunicarase a concesión o máis axiña posible.

Grazas pola súa colaboración.

Mañá todos poderán disfrutar da tan esperada pista cuberta!!!

                         

DECLARACIÓN RESPONSABLE

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Estimadas familias, 

Dada a situación excepcional que estamos a vivir, é necesario que todos colaboremos en evitar a propagación do virus e manteñamos unha aptitude responsable, evitando que os nosos-as fillos-as non acudan á escola ante a sospeita de aparición de síntomas compatibles coa COVID 19. É por iso que a Consellería obriga á sinatura dunha declaración reponsable por parte das familias, que é necesario cumplimentar e asinar.

A declaración responsable pode ser descargada pinchando aquí.

No anexo I do protocolo, figura a seguinte enquisa que pretende ser útil para poder identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección po coronavirus.

 

Esta declaración debe ser entregada ó profesorado titor antes do día 15 de setembro .

Grazas pola súa colaboración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut