Informamos que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E
Alumnado destinatario.
Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD
- Presencialmente no centro en horario de 9:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:45
- Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
- DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II.
Ligazón á orde do 28 de outubro, pinchar aquí.
Anexos I, Anexo II pinchar aquí
As listaxes provisionais publicaránse no taboeiro interior do centro o día 1 de decembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.
Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.
Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).