Skip to Content

Taboleiro

PLENO INFANTIL

O mércores día 20 de novembro,  celebrouse un Pleno Infantil no Concello de A Coruña en colaboración con UNICEF COMITÉ Galicia,  con motivo da celebración  do 30 aniversario da Convención dos Dereitos do Neno.

O acto estivo presidido pola Exma. Alcaldesa da Coruña, Dona Inés Rey, acompañada do Concelleiro de Educación D Jesús Celemín.

Ó pleno acudiron  varios centros da cidade, entre eles o noso, o CEIP San Francisco Javier, onde un grupo de alumnos e alumnas de 6º de EP, representaron ós seus compañeiros e compañeiras , expoñendo un manifesto onde reclamaron un dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do neno, o dereito a participación,  no que aportaron propostas para participar tanto no Concello como no noso colexio .

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes pola súa colaboración e esforzo. 

Asimesmo, sinalar que hoxe varios medios de comunicación recollen o acto. Deixamos as ligazóns para ter máis información do mesmo. 

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

La Voz de Galicia

Quincemil

 

             

          

                              

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Chegou o Samaín , e no colexio celebrámolo decorandoo con fermosas e terroríficas cabazas, convertidas en personaxes do máis variopinto, unha mostra da creatividade do alumnado que participou entusiasmado nesta celebración. 

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes, e aquí deixamos unha pequena mostra desas creacións, se queredes ver máis pinchade aquí

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                  

                              

                                                                                        

CIRCULAR CURSO 2019- 2020

 

Estimadas familias, a continuación publícase a circular de principio de curso, na que se inclúe información importante sobre o centro: calendario escolar, instrucións xerais, reunións familias, orientacións para o estudo, libros de texto, actividades extraescolares e uso das instalacións , entre outras.

Solicitamos a súa lectura dada a importancia da información que contén.

Asimesmo , lembramos que  os alumnos/as serán recollidos nas instalacións do centro polas persoas responsables, quenes poderán autorizar a outro adulto ou aun irmán ou irmá que curse 5º e 6º de EP, ESO , FP ou bacharelato, cubrindo e  entregando a ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa ós/as titores/as.

 

DATAS REUNIÓNS FAMILIAS : publícanse as datas das reunións cas familias segundo o nivel correspondente, pola importancia das temáticas a tratar nas mesmas, recoméndase a asistencia de todas as familias

4º EDUCACIÓN INFANTIL: 16 de setembro ás 16:00 h

5º EDUCACIÓN INFANTIL: 23 de setembro ás 16:00 h

6º EDUCACIÓN INFANTIL: 30 de setembro ás 16:00 h

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: 23 de setembro ás 17:00 h

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: 30 de setembro ás 17:00 h

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: 30 de setembro ás 18:00 h

4º EDUCACIÓN PRIMARIA:  7 de outubro ás 17:00 h

5º EDUCACIÓN PRIMARIA: 7 de outubro ás 16:00 h

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: 14 de outubro ás 16:00 h

Benvida e novas comezo de curso 2019-2020

 

O novo curso escolar 2019-2020 acaba de iniciarse e desde o CEIP San Francisco Javier,  queremos dar a benvida e desexar un bo inicio de curso a todos os membros da comunidade educativa .

Sinalar, que seguiremos empregando  este espazo web para ir actualizando información de interese, como son circulares,  datas de reunións cas familias,  listaxes de material, horarios ,etc.

Comezamos cas seguintes datas de interese

Inicio das clases : 11 de setembro.

                A incorporación do alumnado será no seguinte horario:  

  • 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos), de acordo ó plan de adaptación

                                               Proceso incorporación 3 anos A

                                               Proceso incorporación 3 anos B

  •  5º E 6º EDUCACIÓN INFANTIL( 4 anos e 5 anos): ás 10:00 horas
  •  EDUCACIÓN PRIMARIA (desde 1º ata 6º) : 9:00 horas

                               

As familias de EI e 1º E 2º de EP deberán entregar o material  nas aulas da titoría que lles corresponde. A continuación indicamos datas e horario de recollida.

 

Recollida material EI: xoves día 5, ás 12:00 h.

Recollida libros e material de 1º e 2º EP:  luns día 9, ás 11:30 h

 

Listaxe de material 1º EP

Listaxe de material 2º EP

Listaxe de material 3º EP

Listaxe de material 4º EP

Listaxe de material 5º EP

Listaxe de material 6º EP

 

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

 

Estimadas familias, a continuación publícase a listaxe de material de EDUCACIÓN INFANTIL.

Comunicamos que o material será entregado en cada unha das aulas o vindeiro 5 de setembro ás 12:00 h. É importante que veña gardado nunha bolsa co nome do alumno/a visible.

MATERIAL 4º EI (3 ANOS)

MATERIAL 5º EI (4 ANOS)

MATERIAL 6º EI (5 ANOS)

LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

 

 

Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos nos diferentes niveis, pendentes da resolución da comisión de escolarización para cubrir prazas de alumnado con NEAE.

Informamos que as prazas que non sexan cubertas por alumnado NEAE, serán cubertas por orde de puntuación e por criterio de desempate.

O prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais é de cinco días hábiles contados a partir do seguinte á data de publicación (23 de abril de 2019).

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte á listaxe provisional, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Finalizado o período de reclamacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos (sempre antes do 15 de maio).

III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Desde o EDLG convocouse a III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Queremos agradecer a gran acollida e participación de todo o alumnado e profesorado, así como dos membros do equipo.

A calidade dos traballos foi fantástica, e aquí deixamos unha mostra dos mesmos. 

Parabéns a todos os participantes e en especial ós premiados e premiadas !!!

ENTROIDO 2019

Hoxe celebramos o entroido no San Francisco Xabier.

Foi un día animadísimo!!!  Aproveitamos o noso proxecto da Biblioteca e de centro  “A CONVIVENCIA”  como temática de entroido. Cada nivel, elexiu a profesión que considera importante e que contribúe positivamente a favorecer convivencia na sociedade.  De repente, convertímonos en doutores e doutoras, bombeiros e bombeiras, cociñeiros e cociñeiras (chefs!!), policía local, científicos/científicas, periodistas,  voluntarios e voluntarias  da cruz vermella, xuíces e xuízas, e incluso a unidade militar de emerxencias,…

Saímos todas as comparsas e fixemos un pasarrúas, para rematar cun desfile festeiro no colexio e celebramos o I Certame de Poesía Retranqueira.

Foi un día xenial!!!

Queremos agradecer a colaboración de todo o profesorado, alumnado, familias, ANPA, Protección Civil, e de Luis Ramas, quen aporta todo o seu tempo e saber para que o son sexa sempre perfecto!!

Pódese ver unha pequena mostra do pasarrúas pinchando aquí 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS TEI

 

Hoxe foi un día especial, distinto e moi importante para todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa do CEIP San Francisco Xabier, pero  de forma singular para o alumnado de 3º e 5º de EP, quenes recibiron os diplomas que os acreditan como titores/as, titorizados/as do programa de Titoría entre Iguais.

 

Somos un centro que participamos no programa TEI (Titoría Entre Iguais) cuxo obxectivo fundamental é favorecer a CONVIVENCIA, ó mesmo tempo que se traballan as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos,  prevención do acoso escolar, e TOLERANCIA CERO a calquera tipo de violencia, ao que se une o fomento de valores como repecto, empatía, compañeirismo, comprensión, confianza, empatía….

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte.

  • Exmo. Sr. Alcalde D Xulio Ferreiro
  • Inspector Xefe D Fermín Álvarez Lata
  • Concelleira de Servicios Sociais Dona Silvia Cameán
  • Director do CFRD Emilio Veiga
  • Representantes do Deportivo,Ramón Piña e as dúas xogadoras: Peque e Kika
  • Representantes da ANPA: Laura e Lisi.

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, e en especial, ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso , fan posible levar adiante este programa.

 

Hoxe o periódico La Opinión faise eco da noticia, pincha aquí para acceder á mesma.

 

 

MATEMATÍZATE

Un ano máis o alumnado do CEIP San Francisco Javier participa en MATEMATÍZATE, actividade na que aprendemos Matemáticas de xeito lúdico e divertido, potenciando o inxenio e resolvendo problemas de forma lúdica e divertida.

Un grupo de alumnos/as convertirase en monitores dos seus compañeiros e compañeiras, cas propostas Ana, quen con distintos xogos logra convertir as matemáticas en fantásticos  retos e aventuras.

Unhas auténticas mate divertidas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut