Skip to Content

Taboleiro

ACTUALIZACIÓN TITORIZACIÓN E TAREFAS ALUMNADO

Estimadas familias, 

En primeiro lugar enviarvos un enorme desexo que todos e todas esteades ben.

O profesorado segue a traballar na titorización e atención ó alumnado durante a suspensión de clases. No bloque da dereita, TITORÍAS, cada clase está a desenvolver a súa programación con tarefas, xogos, explicacións, actividades, ligazóns web, información e recursos para que os rapaces e rapazas poidan seguir a traballar dun xeito o máis normalizado posible. 

A comunicación do profesorado cas familias será preferentemente a través do espazo abalar, polo que queremos lembrar a importancia de estar dado de alta na aplicación. Dipoñedes da guía pinchando aquí

Desde o Departamento de Orientación están a traballar en varias temáticas e ofrecennos pautas de actuación ante situacións que nos podemos encontrar  nas circunstancias actuais:

Podemos seguir as súas suxerencias e/ou informacións  no bloque da dereita : DEPARTAMENTOS, e dentro deste en Orientación

 O EBE, Equipo de Biblioteca Escolar, están a poñer ligazóns, vídeos, audiocontos,.. e actividades relacionadas ca lectura, e por suposto, tamén algo de cine. Seguide  O Blog de Elmer

Para calquera dúbida, solicitamos empregar mellor o correo electrónico: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal

Moito ánimo e saúde. Todo sairá ben!!!!  

          

TITORIZACIÓN E TAREFAS ALUMNADO

Estimadas familias,

O profesorado do centro está a programar actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado poida realizar no propio domicilio, fará un seguimento, pero non terán carácter avaliable. 

Xa están dispoñebles os seguintes recurso, que iremos actualizando a medida que sexa posible. Accédese ás mesmas pinchando nos cursos ou nas distintas ligazóns.

O profesorado  intentará manter contacto cas familias a través da aplicación abalarMóbil  polo que é importante que estén dados de alta.  Dispoñen de acceso á guía pinchando AQUÍ .

Guía sinxela de abalarmóbil

Moito ánimo e vémonos pronto!!!

4º EDUCACIÓN INFANTIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

PROPOSTA ACTIVIDADES MÚSICA EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 (1) Tarefas de Inglés para 1º, 2º, 3º e 4º

O Departamento de Inglés envía as seguintes ligazóns para Aprender Inglés xogando, así como para reforzar a súa cultura e outras materias. 

 

 

Asimesmo, queremos poñer á disposición das familias, ligazóns a distintas plataformas, ferramentas, e recursos educativos externos ó centro para estes días : 

 

EDUCLAN, ferramenta educativa para as familias en colaboración co Ministerio de Educación

AULAS GALEGAS ORG. Con distintas actividades agrupadas por niveis

A NOSA CLASE DE PRIMARIA: blog con recursos didácticos de 3º a 6º EP.

 

AVISO IMPORTANTE. SUSPENSIÓN DE CLASES

Estimadas familias, 

Como é sabido hoxe comunicou o presidente da Xunta o peche dos centros educativos dende o luns 16 de marzo ata o domingo 29 de marzo. Do mesmo xeito  RECOMENDOU  encarecidamente que mañá, na medida do posible non se enviasen ós alumnos/as ó colexio.

Pregamos  que as familias estean pendentes  de calquera outra información adicional a través dos medios habituais: páxina  web do centro e web da Consellería de Educación.

Mañá venres é RECOMENDABLE a NON ASISTENCIA  á clase do alumnado.

Se algunha familia quere recoller os libros poderá facelo mañá nos seguintes horarios, 

1º e 2º EP : de 9:50 h a 10:40h

3º e 4º EP: 10:40h A 11:30h

5º e 6º EP: 12:00h A 13:00h 

Moitas grazas pola súa comprensión e colaboración

O equipo directivo

 

ACTO ENTREGA DIPLOMAS PROGRAMA TEI

Hoxe tivo lugar no noso centro o acto de entrega de diplomas do programa TEI (Titoria entre Iguais).

Os nenos e nenas de 5º e de 3º de EP  son os protagonistas da mellora da convivencia, converténdose uns en titores/as e outros en titorizados/as.

O acto tivo lugar na Sala de Usos Múltiples do centro, e acompañáronnos representantes do goberno local, de educación e do mundo do deporte, poñendo en valor coa súa presenza a importancia deste programa .

  • Alcaldesa de A Coruña: Dona Inés Rey
  • Inspector Xefe: D Iván Mira
  • Concelleiro de Educación: D Jesús Celemín
  • Director do CFR: D Emilio Veiga
  • Xogadoras do Deportivo: Iris e Nuria  

Queremos agradecer a todos a súa participación no acto, así como ó equipo docente quen, ca súa colaboración, implicación e compromiso  fan posible levar adiante este programa

Varios medios de comunicación fanse eco da noticia:

Acto Tei

RC Deportivo

Concello de A Coruña

La Opinión Coruña

Cadena Ser

Visita Ana Torres Jack

No noso colexio participamos no programa prensa-escuela, de La Voz de Galicia, e gran parte do alumnado de 6º e das familias son lectores asiduos de “La Voz de la Escuela”.

O venres pasado, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Torres Jack, a quen agradecemos que aceptase a nosa invitación, pois unha gran parte deste alumnado e das súas familias, son asiduos seguidores dos seus artigos en “La Voz de la Escuela”.

 Foi unha xornada especial, na que Ana foi entrevistada polas alumnas, e deunos consellos e orientacións sobre distintos temas que os rapaces e rapazas lle prantexaron: desde como afrontar o inicio na ESO,  técnicas de estudo, os perigos dos videoxogos, … respostou todas as preguntas que lle tiñan preparadas, cando nos dimos conta xa era hora de marchar.

Moitas grazas Ana!!!!

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O xoves día 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o  Día da Paz e Non Violencia.  

O acto iniciouse ca lectura por parte dun grupo de alumnas e alumnos dun manifesto pola paz, continuaron co  derrumbamento dun muro, onde estaban escritas accións negativas que impiden a convivencia pacífica na nosa sociedade. 

Ademáis, contamos ca presencia de María e Bebe, representantes da ONG Miradas ao Mundo, ós que se lles fixo unha entrega simbólica dos xoguetes recollidos na campaña solidaria de Nadal. Dedicaron unhas palabras de agradecemento á xenerosidade da comunidade educativa do San Francisco Javier. 

O acto finalizou cantando e bailando ó son de Mamá Cabra, Danza da Paz, empregando a lingua de signos e construindo por último o símbolo da Paz.

A noticia aparece recollida en La Opinión Coruña, pódese acceder a ela pinchando aquí

    

          

 

ACTO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

Estimadas familias

Mañá dia 30 de xaneiro celebraremos no centro o día da Paz e Non Violencia. 

O acto terá lugar no Pavillón polideportivo San Francisco Xabier, está aberto á comunidade educativa, polo que as familias quedan invitadas a presencialo.

As portas do pavillón abriranse ás 12:15 h para aquelas familias que poidan acudir.

Reciban un cordial saúdo

 

                                                                                      

              

 

 

VISITA DO DEPORTIVO LICEO HOCKEY SOBRE PATÍNS

Esta semana puidemos contar coa presenza de xogadores do club máis laureado de Galicia, o Deportivo Liceo de Hockey Patíns, onde o alumnado de 3º e 5º de EP recibiron dentro da materia de EF unhas nocións básicas sobre o deporte do stick. Para iso contamos coa presenza dos irmáns Di Benedetto e Facundo Bridge, que nos ensinaron a coller o stick e a lanzar a bola, entre outras moitas cousas. Ademais foron entrevistados polas nenas e nenos, que descubriron o esforzo que supón chegar ao niveis máis altos do deporte. Esta colaboración do Deportivo Liceo encádrase dentro do seu programa educativo de fomento dos valores do deporte.

Recólle a noticia a prensa, máis información pinchando aquí.

Foi un pracer contar co Liceo no noso centro e oxalá que podamos seguir contando con eles nos vindeiros cursos.

Moitas grazas tanto aos xogadores como a xunta directiva do club que puxo todo tipo de facilidades.

 

 

Bo Nadal !!

 

Desde o  CEIP San Francisco Javier

queremos desexar a todas as familias e membros da comunidade educativa un 

BO NADAL 2019 E UN VENTUROSO ANO 2020!!!

 

                                                          

 

 

Os nenos e nenas non son os cidadáns do futuro, senon  que son os cidadáns de hoxe(Francesco Tonucci)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut