Skip to Content

5ºB

Proposta do blog de Elmer para as dúas próximas semanas.

Esta semana Elmer proponnos disfrazarnos dalgún superheroe ou personaxe de conto co que teñamos na casa... Pero temos tamén que tomar unha foto co libro ou cómic ao que se refire... Botade unha ollada ao Blog de Elmer para ver algunhas ideas.

Logo as vosas fotos coas fotos dos libros aos que fixestes referencia tedes que envialas ao correo da biblioteca do cole: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com antes do 10 de xuño.

Veña, creatividade e a participar!!!!!!

Chus Religión 24 Maio.

Ola rapaces! Xa falta pouquiño para rematar, así que vamos, si vos parece, a repasar algunhas cousiñas que igual xa vos soan.

https://www.dropbox.com/s/vphqrn3ethtg6hk/El%20pueblo%20de%20Israel-fusionado.pdf?dl=0

Programación de actividades do 25 ao 29 de maio.

Ola a todos e todas. Como estades? Plantéxovos as tarefas para esta semana, que espero non sexan moitas e as levedes ben.

Matemáticas

Facemos exercicios de repaso das fraccións. Está embaixo no apartado dos anexos co nome de “Repaso de fracciones”.

Lengua Castellana

Trabajamos los verbos desde los ejercicios propuestos por el libro de texto: Pág. 148 ej. 8; pág. 149 ejs. 9, 11, 12 y 13.

Lingua Galega

Tedes que realizar a comprensión lectora contida na ficha sobre o emprego da lingua galega. Mirade no apartado de adxuntos.

Ciencias Sociais – Apartado Repasa a unidade da UN. 4.

Facemos os exercicios 31, 34 e 37 da páxina 79.

Ciencias da Natureza

Tedes que ler os artigos de A túa revista nas páxinas 82 e 83 do libro e responder ás preguntas que vos fan para cada un deles.

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 9" (25-29 maio)

Non hai tarefa nova esta semana. Vai ao blog de Música e:

- Se estás ao día, repasa a tarefa 8. Se xa fixeches o envío da tarefa 8 non a volvas enviar. 

- Se vas algo atrasado-a intenta chegar á tarefa 8. Fai o envío da tarefa cando che saia. 

Grazas!.

ENGLISH ( 25th-29th April)

Hi, children!

I hope your family and you are Ok. I send you some homework for this week.

BLINKLEARNING: ROOFTOPS:

  • Listen carefully and read the "Minibeasts" 
  • Make a description and a drawing about a minibeast, preferably different from the ones you have there.

I send you these worksheets about food.

Have a great week!

Educación Artística: actividade sobre o punto e a línea na pintura.

Bo día a tod@s,

Ao fío da última tarefa de Ed. Plástica, que por certo fixestes moi ben, quero regalarvos estas recreacións 3D feitas por artistas dixitales mergullando en algunhas das obras dos pintores dos que falamos: dende o impresionista Monet ata o noso visitado Vincent Van Gogh na súa Noite Estrelada e tamén algúns outros artistas das vanguardias posteriores ao impresionismo que vos sorprenderán. Son vídeos que permiten ademais variar o punto de vista, como no Google Street View. Espero que vos guste. Disfrutadeo. Premede nos enlaces de YouTube.

MONET As Ninfeas

https://youtu.be/BxUI9Tbq01s

VAN GOGH Noite Estrelada

https://youtu.be/G7Dt9ziemYA

Postimpresionismo: GAUGUIN Viaxe interior a Tahití

https://youtu.be/BMxrYI_q6Bg

Fauvismo: DERAIN, Barcos en Collioure.

https://youtu.be/AKU8ef29OpI

 

 

MÚSICA. Tarefa "Queda na casa 8" (18-22 maio)

Vai ao blog de Música e:

-En Linguaxe musical 5º realiza as actividades 9 e 10.

Grazas!.

Programación de actividades do 18 ao 22 de maio.

Feliz Día e semana das Letras Galegas para todos e todas. Tentade esta semana de empregar un pouquiño máis o galego, temos necesidade de novos falantes para que a nosa lingua non se esqueza.

Déixovos a continuación as tarefas propostas para esta semana.

Matemáticas

Facemos as fichas de reforzo e ampliación das unidades de medida. Mirade no apartado dos documentos anexos.

Lengua Castellana

Vamos a empezar a estudiar/repasar la conjugación de los verbos en castellano. Podemos leer la teoría de la parte de gramática sobre los verbos en nuestro libro de texto en la pág. 148,  pero de una manera más resumida visualizad el documento que os dejo abajo sobre el verbo y estos dos vídeos de la profe youtuber Noemí:

Los verbos: la persona y el número:

https://www.youtube.com/watch?v=1oDSh21Kpbw

Los verbos: el modo y la conjugación verbal:

https://www.youtube.com/watch?v=n5jd5q4IiJw

Después podemos poner en práctica lo aprendido con este juego:

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/palabras/verbos1.html

Lingua Galega

Nesta semana que sigue á celebración do Día das Letras Galegas quero encargarvos tres tarefas. A primeira é entrar no Blog de Elmer na Cubela para ver os contidos relativos á festividade adicada á figura de Ricardo Carvalho Calero, dende os xogos e as actividades de pintura ata botar unha ollada ás propostas do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro. Se vos animades a facer algo artístico ao fío de todo isto podédesmo mandar. A segunda tarefa consistirá, no mesmo blog, en visualizardes os vídeos das escritoras en lingua galega. Por último, gustaríame que fagades unha ficha sobre o homenaxeado este ano pola Academia Galega no Día das Letras, Ricardo Carvalho Calero, similar á que fixestes sobre Marina Mayoral, incluíndo datos da súa vida, a súa traxectoria profesional e as súas obras máis relevan-tes.

Ciencias Sociais

Completar o esquema da páxina 78 do libro no apartado Organiza as túas ideas sobre o tema da Cidadanía Europea. Podedes empregar o tema do libro e os vosos traballos sobre os vídeos das dúas semanas precedentes. Facede tamén os exercicios 27 e 29.

Ciencias da Natureza

Unidade 4 Apartado Ponte a proba.

Páx. 80 do libro ex. 1 e 2.

Coma sempre, moitas grazas pola vosa atención e pasade unha moi boa semana. Apertas fortísimas, Jesús.

ENGLISH (18th-22nd may )

Hi children and families!
I hope you are fine.
I send you your homework for this week:
Class Book pages 34, 35 "The film star story" : activities 1,2,3
Three activity worksheets about the time (hora) and one worksheet about Present Simple
Have a good week!

Correccións Matemáticas Unidade 7 Unidades de Lonxitude, Capacidade e Masa

Ola,

Neste documento adxunto atoparedes as correccións dos exercicios de matemáticas da unidade 7 tal como aparecen no libro.

Un saúdo para tod@s, Jesús.

Distribuir contido


by Dr. Radut