Estimadas familias,
Tanto o equipo directivo como o profesorado queremos darvos a benvida a este curso, no que por fin volveremos á “normalidade”
Desde o día 1 de setembro o centro estará aberto e estamos a organizar o novo curso para que esté todo preparado para o comezo das clases, o día 8 de setembro.
Procedemos a publicar a primeira circular do curso, que contén información importante entradas, saídas e normas de organización e funcionamento.
Lembramos que o principal medio de comunicación de novas e información importante segue a ser a web do centro.
Feliz curso e recibide un afectuoso saúdo.
Equipo Directivo
Preme na imaxe para acceder á información: