Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Saídas

Saída Ecoparque Marín e Atalaia

Esta semana o alumnado do centro foi de excursión de final de curso. Os nenos e nenas de Educación Primaria desfrutaron no ecoparque multiaventuras de Marín mentres que o alumnado de Educación Infantil visitou a ecogranxa Atalaia. Alí realizaron diferentes actividades.
Deixámosvos un resumo da xornada.
 

Museo de Pontevedra

O alumnado de 2° e 3° de Educación Primaria visitou o museo de Pontevedra para saber máis da nosa historia e aportar novos datos ao noso proxecto sobre a Romanización en Galicia.

Musical Rei León

Desprazámonos ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir ao Musical do Rei León. Despois do espectáculo, merendamos todos xuntos ao aire libre e xogamos no parque. Foi un día especial onde compartimos bós momentos.
Seguimos sumando experiencias.

Saída: A Coruña (29/02/2024)

O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria visitou a cidade de A Coruña. Aínda que o tempo meteorolóxico non foi moi bo, puideron ver a Torre de Hércules, único faro romano en funcionamento e visitaron o Aquarium Finisterrae.

Deixámosvos un vídeo resumo da xornada.

 

 

Visita a Lugo (21/02/2024)

Xornada marabillosa para o alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria. Visitamos a cidade galega romana por excelencia, Lugo, onde puidemos comprobar cos nosos propios ollo, as pegadas que deixaron os romanos.

#HistoriaRomanización

Visita Parlamento de Galicia e Xunta de Galicia (1/12/2023)

Hoxe as clases de 5° e 6° de Educación Primaria fixeron unha visita á capital de Galicia, Santiago de Compostela. A primeira parada foi en San Caetano, no edificio da Xunta de Galicia, no que aprendemos o funcionamento e organización das distintas consellerías. A segunda parada foi na rúa do Hórreo, no edificio do Parlamento de Galicia. Nesta visita coñecemos a historia do edificio, as funcións dos deputados e deputadas, o funcionamento do hemiciclo e das sesións plenarias. Tamén puidemos gozar da fabulosa colección de arte que conteñen os seus corredores e da biblioteca do parlamento.

Xa para rematar fixemos unha rápida visita ó casco histórico.

Saída a Caldas de Reis (novembro 2023)

Ao longo desta semana, aproveitando o bo tempo, visitamos Caldas de Reis para coñecer a pegada que deixaron os romanos na nosa vila. Paseamos pola vía XIX e a ponte romana, sobre o río Bermaña, que formou parte dun antigo camiño militar romano. Tamén, visitamos a fonte das burgas, xa que a longa tradición das augas termais de Caldas, vén dende a época romana; e o lavadoiro que se abastece de auga quente. Pasamos por debaixo da ponte da Ferrería, que ten cinco arcos de medio punto, para logo rematar a ruta no xardín botánico.
Moitas grazas a Celina que nos acompañou no recorrido explicándonos e resolvendo as nosas dúbidas.
Ademais, aproveitamos a visita para coñecer distintos servizos da vila como a panadaría, o mercado e a biblioteca municipal.
Tamén merendamos ao aire libre, paseamos polo río Umia e divertímonos nos parques infantís.
Seguimos avanzando no noso proxecto sobre a Romanización en Galicia. Deixámosvos una mostra dos diferentes días.
 
. .

Visita á Finca Mouriscade

O alumnado de 4° e 5° de E. Primaria visita a Finca Mouriscade en Lalín, centro de referencia en Galicia na análise e investigación sobre a alimentación, enfermidades e xenética do gando.