Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Festa da Lingua

X FESTA DA LINGUA (2019)

                           O venres, 3 de maio, participamos na Festa da Lingua celebrada no parque de A Tafona en Caldas de Reis. Nesta festa fíxose entrega dos premios dos concursos de Microcreacción e Microrrelatos, Poesía, Contaumia e Sondoumia.

O alumnado de 6º de Educación Primaria obtiveron premio no concurso Sondumia e Ana Ferro de 5º de Educación Primaria obtivo premio no concurso Contaumia. 

Dexámosvos un vídeo resumo da festa organizada pola Coordinadora Comarcal Terras do Umia coa colaboración do Concello de Caldas de Reis.    

  

FESTA DA LINGUA TERRAS DO UMIA (PORTAS)

Alumnado do centro asistiu á Festa da Lingua Terras do Umia celebrada en Portas o 4 de maio de 2018. Alí, fíxose entrega dos premios do Concurso de Microcreación, Micropoemas e Microtextos no que participaron alumnado dos centros de Portas, Caldas, Cuntis, Moraña e Barro e no que como requisito principal tiña que aparecer a palabra "eiva".

Por outro lado, levouse a cabo en directo o concurso Sondumia onde participou a clase de 5º de Educación Primaria coa cantiga “Bota a lingua fora”, que foi premiada.

Os premiados  do noso centro foron os seguintes :

- Cora Cortegoso Bañobre (1º de E. Primaria) co seu microtexto "O neno diferente".

                

- Elba Abalo Figueiras (1º de E. Primaria) co seu micropoema  “A gatiña Leiva”. Recolleu o premio a súa compañeira Inés González.

                  

- Uxio Figueiro Reboredo (6º de E. Primaria) co seu microtexto "O castelo e o pozo máxico".

                  

 

- Aula de 5º de E. Primaria (Sondumia)

                    

Parabéns a todos!    

 

FESTA DA LINGUA TERRAS DO UMIA (PORTAS) (2017)

Alumnado do centro asistiu á Festa da Lingua Terras do Umia celebrada en Portas o 5 de maio de 2017. Alí, fíxose entrega dos premios do Concurso de Microcreación, Micropoemas e Microtextos no que participaron alumnado dos centros de Portas, Caldas, Cuntis, Moraña e Barro e no que como requisito principal tiña que aparecer a palabra "billa".

Por outro lado, levouse a cabo en directo o concurso Sondumia onde participou a clase de 6º de Educación Primaria cunha cantiga moi bonita.

Os premiados  do noso centro foron os seguintes :

- Aula de 6º de Educación Infantil (5 anos) coa súa microcreación.

- Alba Rajoy García (4º de Educación Primaria) co seu poema "A fonte" na categoría de micropoemas.

- Bruno Figueiro Romay (5º de Educación Primaria) co seu texto "As billas do pazo" na categoría de microtextos. 

Parabéns a todos!    

 

               

 

Noticia no Canal Rias Baixas : 

 

                                          

VII FESTA DA LINGUA TERRAS DO UMIA

O venres, 6 de maio, celebrouse en Portas á VII Festa da Lingua Terras do Umia. Os gañadores do noso centro foron : Alba Rajoy García de 3º de Educación Primaria co seu microtexto "A Promesa" , Nerea Iglesias Recouso de 6º de Educación Primaria co seu microtexto "Unha nena galega" e Aimar Iglesias Arriaran de 6º de Educación Primaria co seu micropoema. Foron recoller os seus premios acompañados dos seus compañeiros.

Este ano a palabra escollida foi "DEVAGAR" polo que tiñan que aparecer nos seus textos e micropoemas.

Parabéns ós tres!

 

Aquí podedes ver recollida dos premios :

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS TERRAS DO UMIA (2015)

O pasado venres, 9 de maio, celebrouse no auditorio de Portas a Festa da Lingua 2015 onde se fixo a entrega de premios do concurso de microrrelatos e micropoemas Terras do Umia. Este ano a palabra escollida foi "CINCOCENTAS" polo que os nenos e nenas tiñan que facer microrrelatos, que non superasen as 100 palabras, e micropoemas ,que non superasen os catro versos ,e que contivesen a palabra escollida.

 Ata alí desprazaronse os nenos e nenas da aula de 3 anos a recoller o premio polo poema feito por Elba Abalo coa axuda dos seus compañeiros.

 

 

Aquí podedes ver parte da festa :

No seguinte enlace podedes ver o micropoema gañador e que vai ser exposto polas rúas dos concellos participantes :