Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Día de Rosalía de Castro

Actividades realizadas na celebración do Día de Rosalía de Castro no Centro.

Rosalía brillando na escuridade 2024

 #oamordapatriagalega.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria prepararon un Podcast que recolle un repaso pola sua biografía e obra e o acompaña un recitado de poema extraído de "As de Cantar" de "Cantares Gallegos".Agardamos que desfrutedes con este contido que ten por obxecto dar a coñecer a vida e obra da autora.

 

 

A Continuación, o alumnado de 2º e 3º ciclo fixo un recitado conxunto do Poema "Adiós Ríos, Adiós Fontes" da Autora, na Biblioteca Escolar para todo o alumnado do centro.

 

Día de Rosalía de Castro 23 Febreiro 2024

O alumnado de 3º de Educación Primaria realizou un mural para conmemorar o día de Rosalía.

 

Rosalía de Castro 2023

Compartimos con vós a Conmemoración do Día de Rosalía de Castro que fixemos no centro o pasado 23 de febreiro. Nesta actividade, o alumnado do centro, prantou por titoría unha camelia na honra da autora no patio da escola para simbolizar e visibilizar o noso compromiso co uso do galego.

Rosalía de Castro 2022

Compartimos as actividades desenvoltas no Centro para conmemorar o Día de Rosalía de Castro deste curso 2022

 

Recitado de fragmentos de poemas polo alumnado de Educación Infantil:

 

Emisión en directo das actividades realizadas por todo o alumnado do Centro, como a elaboración de carteis, a lectura dun manifesto e a plantación de pensamentos, unha das flores favoritas de Rosalía de Castro. Podedes velo picando AQUÍ.

AQUÍ tamé tedes unha pequena colección das fotos sacadas nese día.

 

Dende o cole, tamén participamos no concurso "A nosa Rosalía", promovido pola Deputación de Pontevedra; quedando primeiros na nosa categoría. Aquí tedes o vídeo co que participou o cole:

 

Rosalía de Castro 2021 + 8M

Presentámosvos as Actividades realizadas polo alumnado do Centro para conmemorar o Día de Rosalía de Castro; así coma o Día da Muller.

 Lista de reproducción para cada día da Semana de Rosalía:

 

Para rematar, un Quizz de Preguntas relacionadas con Rosalía de Castro

Rosalía de Castro. Errantes polo Mundo (2020)

O 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro con diversas actividades. Nunha delas, seguindo a proposta da AELG, pedímoslles ás familias fotografías de familiares e amigos emigrados. Así fixemos un mural coas fotos e anacos do poema "Airiños, airiños, aires..."

Neste momento histórico no que hai certos poderes incitando ao racismo e a división entre persoas, dende o EDLG, parécenos de suma importania lembrar que os galegos somos un pobo de emigrados que sempre acolleu con afecto e xenerosidade aos migrantes estranxeiros.

Como dixo a nosa poeta nacional : "Ambos errantes polo mundo andamos"

Grazas ás familias que participaron e dende o centro queremos mandar unha aperta enorme a todas as nosas familias emigradas.

.

Rosalía de Castro (2020)

O alumnado de 1º de E. Primaria homenaxea a Rosalía de Castro cun dos seus poemas.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha visita á Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e cos videos publicados nas redes socias e nesta web do alumnado recitando os poemas de Rosalía de Castro e coa elaboración das pancartas de inxustizas sociais coma a emigración, a desigualdade, o acoso laboral, o machismo e as violacións. Traballáronse os poemas Tecín soia, Daquelas que cantan, Adiós ríos, Casteláns de Castela e A xustiza pola man. Nas seguintes entradas desta web podedes ver os vídeos.

 

Algunhas das fotos da visita á Casa Museo de Rosalía de Castro (Padrón) : 

 

Ver vídeos dos recitados dos poemas e elaboración das pancartas  nas seguintes entradas

 

 

ROSALÍA DE CASTRO 2019 Educación Infantil

Alumnado de Educación Infantil                                    Inxustiza : A emigración     #LibreOMeuPensamento_rdc_2019