O alumnado de Educación Primaria asistiu ao espectáculo "Elas contan moito" de Migallas Teatro na biblioteca do noso centro. Foi unha sesión de contos e música en directo abordando a temática da igualdade entre homes e mulleres que gustou moito ao noso alumnado.
No centro organizaronse unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.
Nesta actividade relacionada coa temática do 8-M o alumnado de Educación Infantil asistiu no auditorio de Caldas de Reis á obra "Circo na casa" de Mere Clown e o alumnado de Educación Primaria gozou da obra "Travesías" de Raquel Queizás na escola.
Queremos compartir con todos vós as actividades levadas a cabo para conmemorar o Día Internacional da Muller
TRABALLAMOS - CONVERSAMOS:
Actividade na que contamos coa participación das familias, na cal diferentes mulleres viñeron ao centro a contarnos a súa experiencia e como desenvolve o seu traballo.
Podedes acceder a mais imaxes desta actividade premendo AQUÍ.
PIONEIRAS GALEGAS:
Actividade realizada polo alumnado de 6º de Primaria, que nos ensinan mulleres galegas adiantadas ao seu tempo, que romperon todos os esterotipos da sociedade.
Poema musicado de Rosalía de Castro en homenaxe ás mulleres galegas no 8M.
Adicado a todas as mulleres que forman parte da nosa vida.
#8M
Día da Muller Traballadora
Como cada ano, polo Día da Muller Traballadora, realizamos a actividade Traballamos-Conversamos que consiste en que nais, tías, avoas... do noso alumnado nos conten en que consiste o seu traballo e o seu quefacer diario, que estudaron que lles gustaba máis cando ían ao cole...
Este ano contamos con seis nais de nenas e nenos do noso centro con diferentes empregos e dúas deportistas de élite de Caldas de Reis.
Foi un pracer escoitalas e ver todo o que podemos facer o día de mañá.
Moitas grazas a todas.
Con motivo do Día da Muller Traballadora, 8 de marzo, elaboráronse murais adicados ás Mulleres Galegas loitadoras como : Rosalía de Casto, Concepción Arenal, Maruja Mallo, Rita Fernández Queimadelos ( 1ª arquitecta galega), Maria Mariño ( Letras Galegas 2007), Celia Rivas (1ª camioneira galega), Emila Pardo Bazán, Francisca Herrera Garrido (1ª muller na RAG) , Benedicta Sánchez (premio GOYA ACTRIZ REVELACIÓN 2020), Jimena e Elisa Fernández de la Vega ( primeiras mulleres da USC), Ana Peleteiro (atleta),Paz Parada Pumar (médica) e Cristina Fernández (1º árbitro de balonman), entre outras:
e tamén ás Mulleres nas Olimpiadas. Dentro do proxecto "Os xogos Olimpicos" que se está a levar a cabo no centro, destacamos ás galegas Teresa Echegoyen (Ourense) e Sofía Toro ( A Coruña) que son as primeiras mulleres galegas en conseguir unha medalla de ouro nos xogos olimpicos, así como a Teresa Portela por ser a galega con máis participacións nas olimpiadas.
Estos murais foron elaborados polo alumnado de 1º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil
Con motivo do Día da Muller Traballadora, dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizamos a actividade baixo o título "Traballamos-Conversamos", onde mulleres relaccionadas co noso centro nárranlle ás alumnas e alumnos como foron as súas experiencias nos estudos, no traballo e nas súas vidas en xeral.
Dende o Equipo de dinamización da Lingua Galega organizamos todos os anos con motivo do 8 de marzo a actividade :
Traballamos-Conversamos.
Nais, tías, avoas... dos nenos e nenas do centro conversan en lingua galega co alumnado sobre os seus traballos (remunerados ou nn) para facer fincapé na enorme importancia da muller na sociedade, tentando poñela en valor ao igual que a nosa lingua.
Con motivo da celebración do día Internacional da Muller Traballadora, nais voluntarias do alumnado do centro viñeron a dar unhas charlas sobre o seu traballo diario.
Ademais contamos con Pablo Pablísimo, o cal nos contou varios contos onde reflexionamos sobre os estereotipos de xénero presentes nos contos infantís.
Todo isto nos levou a reflexionar sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres.