A continuación deixámosvos a lista de material escolar para o curso 2024/2025.
Hoxe os nenos de 5° e 6° de EP, fixemos a terceira das actividades relacionadas co Bosque Atlántico. Despois de dúas actividades no noso centro que tiveron lugar no mes de marzo onde aprendemos moito sobre a importancia do coidado da nosa biodiversidade, hoxe desprazámonos ata as Lagoas Marcosende na parroquia Viguesa de Zamáns, onde puidemos poñer en práctica real todos os nosos coñecementos.
O alumnado do noso centro participiou na Semana da Ciencia (Ciencia na Rúa) organizada polo Concello de Caldas de Reis. Visitamos a exposición no xardín de experiencias científicas presentadas polo alumnado dos centros educativos de Caldas. Destacamos o traballo do noso alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria que cos seus experimentos levaron a ciencia a todos os asistentes. Gústanos a CIENCIA!!!
Os alumnos/as de 5° e 6° de primaria fixemos unha andaina ata as fervenzas de Segade para rematar o trimestre nunha xornada de convivencia e contacto coa natureza. Foi realmente emocionante descubrir covas ocultas, ver a ponte romana de Segade e seguir o sendeiro monte a través ata as fervenzas. Unha vez repuxemos forzas emprendemos o camiño de volta, nesta vez quedámonos con flores curiosas que atopamos polo camiño como o couselo, o botón de ouro...ata fixemos trompetas co centeo!
Dentro das actividades de difusión con motivo dos Erasmus Days o pasado martes 15 de outubro convocamos ás familias de 5º e 6º de Educación Primaria a unha reunión informativa para explicar en que consiste o programa Erasmus+ así como todo o proceso para conseguir a Acreditación Erasmus+.
Nesta reunión presentáronse as vantaxes de ter obtido a Acreditación e como vai a repercutir na comunidade educativa do noso centro xa que afectará tanto ao alumnado, profesorado e ás familias.