O alumnado de 3º de EP estivo investigando sobre a vida e obra de Luísa Villalta, a autora á que se lle dedica as
Letras Galegas deste ano. Os debuxos que aparecen no vídeo son feitos polo alumnado. Esperamos que os
disfrutedes! #letrasgalegas2024#LuísaVillalta
Presentamos os Podcast creados polo alumnado de Educación Infantil e de 4º e 5º de Primaria, para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2023.
Debemos mencionar que estes Podcast presentáronse ao V Concurso de Podcast de Radio na Biblio.
O alumnado de 3º de Educación Primaria quixo homenaxear a Florencio M. Delgado G. no Día das Letras Galegas.
O alumnado de 1º de Educación Primaria quixo homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas dende as súas casas.
As pitas baixo a choiva.
Son moitas as achegas sobre literatura oral de Galicia sobre as que #AntónFraguas traballou, especialmente as cantigas. O alumnado de Educación Infantil quere homenaxear, no Día das Letras Galegas, este autor con Algungas cantigas do mar...
O xoves 16 de maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas, tivemos unha sesión de Baile Galego no cole na que o pasamos moi ben. Agradecemos ao profesor de baile e a AMPA a súa colaboración.
Podedes ver mais imaxes da sesión na páxina de facebook do centro.
Os nenos e nenas máis cativos quixeron compartir coas familias e co alumnado do centro o seu traballo sobre o libro "EU CONTO, TI CANTAS..." de María Victoria Moreno, homenaxeada deste ano 2018 nas Letras Galegas.
Un libro que contén tres contos para nenos e nenas que buscan o amor nos ollinos doces de mel dun can de bondadosas orellas.
Nenos e nenas de 3 anos conmemorando neste 2018, o 50º aniversario de "Os soños na gaiola" de Manuel María, obra inaugural da poesía en galego.
O mércores, 18 de maio, celebramos as Letras Galegas cun recitado de poemas de Manuel María por parte do alumnado do centro.
Para ver as actividades do día das letras galegas ver o apartado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) na marxe esquerda.