Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

5º Curso

LISTA DE MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

A continuación deixámosvos a lista de material escolar para o curso 2024/2025.

Saída Bosque Atlántico

Hoxe os nenos de 5° e 6° de EP, fixemos a terceira das actividades relacionadas co Bosque Atlántico. Despois de dúas actividades no noso centro que tiveron lugar no mes de marzo onde aprendemos moito sobre a importancia do coidado da nosa biodiversidade, hoxe desprazámonos ata as Lagoas Marcosende na parroquia Viguesa de Zamáns, onde puidemos poñer en práctica real todos os nosos coñecementos.

Semana da ciencia en Caldas de Reis 2024

O alumnado do noso centro participiou na Semana da Ciencia (Ciencia na Rúa) organizada polo Concello de Caldas de Reis. Visitamos a exposición no xardín de experiencias científicas presentadas polo alumnado dos centros educativos de Caldas. Destacamos o traballo do noso alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria que cos seus experimentos levaron a ciencia a todos os asistentes. Gústanos a CIENCIA!!!

 

Fervenza de Segade

Os alumnos/as de 5° e 6° de primaria fixemos unha andaina ata as fervenzas de Segade para rematar o trimestre nunha xornada de convivencia e contacto coa natureza. Foi realmente emocionante descubrir covas ocultas, ver a ponte romana de Segade e seguir o sendeiro monte a través ata as fervenzas. Unha vez repuxemos forzas emprendemos o camiño de volta, nesta vez quedámonos con flores curiosas que atopamos polo camiño como o couselo, o botón de ouro...ata fixemos trompetas co centeo!

 

Novembro: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Os rapaces e rapazas de 5° de Educación Primaria, con motivo do mes da ciencia, quixemos facer a nosa aportación para visibilizar algunhas das grandes mulleres científicas ao longo da historia; para elo fixemos unha labor de  investigación de 12 mulleres científicas que recollemos nos nosos lapbook. Finalmente, culminamos o mes da ciencia converténdonos en científicos extraendo o ADN dalgunhas froitas como amorodos, plátanos e kiwi. Empregamos un microscopio e unha lupa binocular para ver como estaba formada a cadea do ADN.