Hoxe os nenos de 5° e 6° de EP, fixemos a terceira das actividades relacionadas co Bosque Atlántico. Despois de dúas actividades no noso centro que tiveron lugar no mes de marzo onde aprendemos moito sobre a importancia do coidado da nosa biodiversidade, hoxe desprazámonos ata as Lagoas Marcosende na parroquia Viguesa de Zamáns, onde puidemos poñer en práctica real todos os nosos coñecementos.
Os alumnos/as de 5° e 6° de primaria fixemos unha andaina ata as fervenzas de Segade para rematar o trimestre nunha xornada de convivencia e contacto coa natureza. Foi realmente emocionante descubrir covas ocultas, ver a ponte romana de Segade e seguir o sendeiro monte a través ata as fervenzas. Unha vez repuxemos forzas emprendemos o camiño de volta, nesta vez quedámonos con flores curiosas que atopamos polo camiño como o couselo, o botón de ouro...ata fixemos trompetas co centeo!