Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

4º Curso

LISTA MATERIAL 2024/2025

A continuación deixámosvos a lista de material para o curso 2024/2025

Concurso Contos de Babel. Proxecto interplusvalue. Erasmus+

O pasado mes de marzo participamos no concurso Contos de Babel, unha iniciativa do proxecto Interplusvalue, un espazo colaborativo ao abeiro do programa Erasmus+, coa participación de socios procedentes de Romanía, Bretaña e España. O obxectivo do concurso era crear unha colección de contos interculturais e multilingües.

A organización vén de informarnos de que a nosa versión de Hansel e Gretel, realizada pola clase de 4º de E.P., foi premiada en dúas categorías diferentes: polo “Uso creativo das palabras do proxecto” e na categoría “Mención do equipo InterplusValue”.

Moitas grazas como sempre ao CFR de Pontevedra, que, a través do noso asesor Luis Rivas sempre nos está a facilitar a participación neste tipo de iniciativas.

 

FICBUEU 2023

A nosa curtametraxe, GOZA DO TEU SAMAÍN, foi seleccionada como finalista da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2023 dentro da categoría Educación Especial, Infantil e Primaria. O alumnado de 4º de Educación Primaria, creador da curta o curso pasado, puido participar no festival GALA ESCOLAS GALEGAS celebrada no Centro Social de Bueu o pasado 23 de setembro, xunto cos demais finalistas. Aínda que non obtivemos o premio gañador pasámolo en grande. Deixamosvos unhas fotos do día. 

 

A vida nos Castros

A vida nos Castros do alumnado de 4º de Educación Primaria

 

Maios 2021

Actividade realizada polo grupo de 4º de Primaria do Centro, donde nos nos explican a tradición dos maios e nos recitan dous poemas relacionados con este festexo. Esperamos que vos gusten estas actividades.