Compartimos as conexións en directo realizadas co alumnado de 6º de Educación primaria do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar no programa "Quen anda aí?" da TVG, mostrando a elaboración dun Maio tradicional.
Prezadas familias,
Informarvos que o noso centro forma parte dun Programa de prevención de drogodependencias, dirixido a educación primaria e secundaria.
As familias, tendes á vosa disposición, dous documentos en relación a esta temática:
Formación para fillos/as e pais en TICs Pinchar AQUÍ
Máis que un teito Pinchar AQUÍ
A través do Programa Formación para fillos/as e pais en TICs querémosvos facer chegar unha pequena guía para os pais e unhas recomendacións para que os vosos fillos/as en relación ás TICs, co obxectivo de coñecer un pouco máis sobre este campo, previr posibles condutas de risco e poder sacarlle o maior rendemento posible.
A través do Programa Máis que un teito querémosvos facer chegar tamén unha pequena guía e unha serie de recomendacións. Ten como obxectivo a promoción da saúde, a través da prevención do consumo de alcohol, tabaco e outras drogas, así como, a prevención do desenvolvemento doutros trastornos aditivos frecuentes na pubertade-adolescencia. O programa proporciona información veraz fronte o consumo de drogas, potenciando a súa capacidade crítica fronte a comportamentos que promoven o consumo, dótaos de habilidades para resistir a presión de grupo, solucionar problemas ou relacionarse cos demais de maneira máis positiva e respectuosa.
Para previr este tipo de condutas das que vimos falando é importante un traballo coordinado por parte dos nenos/as, dos docentes, pero tamén de vós, dos pais e nais. A vosa comprensión, diálogo e dispoñibilidade é imprescindible para que os cativos tomen maior consciencia de cales son as actitudes e comportamentos máis axeitados para rexeitar o consumo de drogas e evitar dependencias e adicións.
Dada a situación da COVID que estamos a vivir, decidiuse que o programa será ofertado de forma online. Ofrecéndosevos a información a través duns pequenos documentos que teredes á vosa disposición, tal como se dixo anteriormente, na aula virtual dos vosos fillos/as.
Ao final dos programas pasaremos unha pequena enquisa de satisfacción que agradeceríamos que a cubrísedes e a fixésedes chegar ao noso centro. Queda pendente a súa entrega para o mes de maio.