O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cunha visita á Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e cos videos publicados nas redes socias e nesta web do alumnado recitando os poemas de Rosalía de Castro e coa elaboración das pancartas de inxustizas sociais coma a emigración, a desigualdade, o acoso laboral, o machismo e as violacións. Traballáronse os poemas Tecín soia, Daquelas que cantan, Adiós ríos, Casteláns de Castela e A xustiza pola man. Nas seguintes entradas desta web podedes ver os vídeos.
Algunhas das fotos da visita á Casa Museo de Rosalía de Castro (Padrón) :
Ver vídeos dos recitados dos poemas e elaboración das pancartas nas seguintes entradas