Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ENTROIDO 2015 : VISITA DOS XENERAIS DO ULLA

Este ano, no centro, estivemos traballando o ENTROIDO GALEGO e esta foi a nosa temática para deseñar as nosas disfraces.

O pasado 12 de febreiro tivemos unha visita especial no centro. Viñeron os Xenerais do Ulla da parroquia de Santa María de Couso (A Estrada). Luis Souto explicounos todo acerca dos xenerais e ensinounos o traxe dos coros dos bonitos e o seu sombreiro así como as vestimentas dos correos e os xenerais que lucían.

Os mais pequenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, encargáronse de representarnos os atranques (enfrontamentos dialécticos) e os vivas.

 

 

 

Grazas ós centinelas, correos e xenerais Alicia, Pedro, Brais, Marta, Tegra, Mencía, Carmela, Adrián e Lucía

(alumnado do CEIP Villar Panamá e o IES nº 1 de A Estrada) e a Luis, Iván e Manuel.